Sabías por que a ruta da Seda recibe ese nome? Foi nomeada así pola importancia que tiña a seda para o comercio que se realizaba ao longo desa ruta na antigüidade. A seda er aun produto moi valioso en todo o mundo e só se producía en China (na época de Marco Polo só se coñecía como facela en China/antiga Catai). Debido a isto, volveuse nun dos bens máis apreciados e valorados da ruta.
Foi por iso que, dende a Biblioteca Escolar, propuxemos coñecer un pouquiño máis sobre a produción da seda. Para iso levamos á aula ovos de vermes de seda para criar e coñecer así o ciclo da metamorfose.
Tamén propuxemos lecturas para acompañar e comprender mellor este proceso (metamorfose):
Os libros propostos dende a biblioteca para traballar a metamorfose foron os seguintes:
Ademais disto, dende o eido da Educación Musical, asistiuse ao concerto "Bolboreta e as emocións", dirixido por Lydia Botana, no palacio da Ópera. Aproveitouse para falar da metamorfose nas clases de música e tamén para visitar diferentes culturas e músicas do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario