luns, 27 de abril de 2020

Os nosos contos

Recopilación das obras creadas polo alumnado do centro durante o confinamento.

O final do coronavirus

 


luns, 20 de abril de 2020

Semana do libro.


Día Internacional do Libro, 23 de abril

O día 23 de abril foi elixido como «Día Internacional del Libro», pois coincide co falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega nesta data, no ano 1616.
A Unión Internacional de Editores propuxo esta data á UNESCO, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A Conferencia Xeral da UNESCO aprobouna en París o 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor, para render unha homenaxe mundial ao libro a aos seus autores e autoras e alentar, en particular aos máis xóvenes, a descubrir o placer da lectura e a respectar a irreemplazable contribución ao progreso social e cultural.


Para celebra a Semana do Libro  o equipo de biblioteca propónvos dúas actividades:
  • que vos convirtades en escritores.
  • que recomendedes un libro.





CONVERTETE  EN ESCRITOR

Como pode ser a historia?
  • Podes escribir o teu conto nun folio e despois sacarlle unha foto co móbil.
  • Podes escribir a túa historia nun documento de texto no ordenador.
  • Podes facer un cómic ou un conto con debuxos.
  • Podes contar a historia de forma oral e grabar a túa voz ou en video e engadir debuxos da historia.

    Sobre que pode tratar o conto?

    O tema é libre , sobre o que mais vos apeteza.
    Tamén vos suxerimos que vos inspiredes na epidemia do COVID19 e deixedes voar a vosa imaxinación.


    Hai algunha norma para participar?
  • A historia ten que ter un título.
  • Pode escribirse en calquera das linguas que traballamos no colexio.
  • Pode realizarse individualmente ou en colaboración. En ambos casos o final da historia deben aparecer os nomes dos autores.

    Como envío os contos?

    Podes envialos por correo electrónico os seguintes correos:

    ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal
    ceip.jro@gmail.com

    CONVERTETE EN BOOKTUBER

     

    Envíanos un vídeo coa lectura recomendada explicando por que che gustou, contando de que trata o libro e sobretodo porque pensas que lles vai a gustar os demais.

    Tamén podes sacarte unha foto co libro que recomendas e enviarnos a imaxe.

    Cando o teñas listo podes envialo os correos electrónicos:

    Para axudarte aquí podes ver como ser un booktuber.
     



  O CONTO DO DÍA

 

 

 

 

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=6&video=Xos%20Ballesteros%20-%20Los%20tres%20cerditos#PD_Xos%20Ballesteros%20-%20Los%20tres%20cerditos