xoves, 24 de decembro de 2015

O apalpador e a castaña máxica


Os nenos e nenas de infantil e 1º de  primaria coñeceron un pouco mellor ao Apalpador. O día 15 de decembro, Pilar, a nai dunha das nenas do cole do Courel contounos a súa historia por videoconferencia. Puidemos falar con todos os nenos desa escola.

domingo, 20 de decembro de 2015

Conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia

Nesta ocasión os nenos e nenas de sexto doblaron ao galego unha presentación sobre a Constitución que tod@s vimos na biblioteca. Podedes velo no enlace de arriba.

xoves, 3 de decembro de 2015

Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) reunímonos na biblioteca para ver o conto de Arturo e Clementina e fixemos actividades relacionadas coa historia durante toda a semana. Tamén visionamos o vídeo elaborado polo Concello de Malpica no que participamos.
Pincha na cor verde para poder ver os vídeos.

xoves, 19 de novembro de 2015

O MAGOSTO

Neste vídeo podemos ver todas as actividades que realizamos na escola para festexar o Magosto. Tampouco faltaron as castañas!.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Para festexar o Samaín, Luisa, a mestra de infantil contounos un conto "A figueira de pelos tortos".

domingo, 25 de outubro de 2015

SAMAÍN

17.gif (20679 bytes) 


TEMPO DE SAMAÍN !!!

Aquí tedes uns xogos:




hal6.gif (27650 bytes)

                                      



sábado, 13 de xuño de 2015

martes, 26 de maio de 2015

URBANO LUGRÍS



No Blogue do Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, atoparedes información sobre Urbano Lugrís. Preme sobre a foto do cadro Vista da Coruña para acceder ao mesmo.





luns, 25 de maio de 2015

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA




DÍA DO LIBRO. 23 de Abril de 2015.


Aproveitando o fermoso día que facía fora, os alumnos e alumnas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero saíron ao patio para ler todos xuntos e celebrar así o Día do Libro. Aquí vos deixamos unha mostra.



Aparte, as nenas e nenos escribiron sobre os libros que máis lles gustaron e que recomendan ler.




luns, 23 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO


O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende o colexio, leváronse a cabo diferentes actividades para conmemoralo. Unha delas é o xogo de adiviñas do que a continuación se mostra unha imaxe. Aínda estades a tempo de participar, animádevos!

Para máis información sobre o Día Internacional da Muller Traballadora, preme na imaxe.






mércores, 25 de febreiro de 2015

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO



O día 24 de Febreiro do 2015 cumpríronse 178 do nacemento da escritora e poetisa galega Rosalía de Castro, autora de poemarios como Cantares Gallegos e Follas novas.

Dende o colexio fíxoselle unha homenaxe. As alumnas e alumnos leron e cantaron varios dos seus poemas e viron unha presentación sobre a súa biografía. Para isto, contouse co traballo e coordinación da biblioteca, música, Normalización Lingüística e TICs.



  

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE




O 14 de Febreiro é un día adicado á Amizade e ao Amor. 
Os alumnos e alumnas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, celebrárono escribindo fermosas notas de agarimo aos seus compañeiros/as e aos seus mestres/as.

Para isto, contaron coa axuda de Cristina, mestra de inglés e coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Encarnando a Cupido (segundo a mitoloxía romana, o deus do amor), Cristina repartiu as cartas entre os nenos e nenas.

xoves, 5 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ







ESTE VÍDEO RESUME AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO DÍA DA PAZ








MURAL DE DESEXOS POLA PAZ REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CENTRO.


martes, 3 de febreiro de 2015

Descubrindo a Picasso.

Marcelino visita un museo e queda marabillado ante as pinturas de Picasso.


Descubre como foi a vida e a obra deste gran artista a través das actividades que desde a biblioteca te propoñemos.

Videos:


Picasso para niños

Cantinflas coñece a Picasso

Picasso en acción

Biografía de Picasso


Actividades:



Marcelino descubre a Picasso

Realiza estas actividades realizadas polo equipo da biblioteca para coñecer mellor a Picasso.
Cando remates indícallo aos mestres da biblioteca para obter a túa recompensa.

Anímate a participar ¡¡¡




mércores, 14 de xaneiro de 2015

CIENCIA EN GALEGO



A mestra Cristina ensina aos rapaces e rapazas do colexio como realizar sinxelos e divertidos experimentos científicos caseiros!