venres, 29 de outubro de 2021

TERRORÍFICO!!

A celebración do SAMAÍN aconteceu despois do recreo e organizouse en obradoiros de xogos, maquillaxe e tattoos, teatro e túnel do terror así como decoración de galletas. Cada grupo foi rotando polos devanditos obradoiros ata o momento da entrega de premios ás mellores cabazas. Foi un día arrepíante!!




Durante toda a semana puideron disfrutar dunha exposición temática no mirador da nosa biblioteca.



CHEGOU O SAMAÍN!

 No día de hoxe celebraremos o noso querido SAMAÍN. Temos moitas sorpresas preparadas que descubrieres despois do recreo...Polo de agora imos mostrarvos o maravilloso traballo que fixeron decorando cabazas  empregando elementos de refugallo. 




Non marchedes que aínda temos algo máis!!! A continuación podedes descubrir unha interesante historia titulada "O noso Samaín", de Loretta Birott  e facer unha serie  de actividades grazas a colaboración de diferentes centros de ensino galegos. Gozade!!!


mércores, 27 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Este mércores conmemoramos o Día das bilbliotecas para o que propuxemos ó alumnado que reflexionaran sobre a importancia da Biblioteca Escolar nas súas vidas. En Ed. Infantil e primeiros cursos de Ed. Primaria elaboraron debuxos sobre a sua interpretación deste espazo de encontro e aprendizaxe; por outra banda, os cursos altos pensaron en inxeniosos slogans cos que resumir a súa relación ou visión deste lugar repleto de historias.

Ademáis, aproveitamos este día tan sinalado para facerlles entrega das mochilas viaxeiras cargadas de novas e emocionantes aventuras que desexamos que sexan compartidas en familia. 


Deixámosvos un vídeo co que aconteceu no dia de hoxe.




venres, 22 de outubro de 2021

Obradoiros de igualdade: Cambiando o conto

 No día de hoxe recibimos a visita da Asociación  Visibles para desarrollar un obradoiro no que abordar  a igualdade e unha análise crítica do estereotipos de xénero. 

O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Ed. Primaria traballou na realización dunha análise crítica dos estereótipos de xénero na nosa sociedade e, a partir de contos tradicionais, trataron de propoñer novas persoaxes e desenlaces desde unha perspectiva de xénero. 




luns, 4 de outubro de 2021

RESIDUOS CERO

Benvid@s, Marcelino está de volta neste novo curso académico. Este luns abrimos as portas da nosa biblioteca escolar e comezamos cos empréstitos e os novos retos. Por exemplo, este ano temos como reto reducir a cantidade de residuos que xeramos no centro polo que colaboraremos coa plataforma TEACHERS FOR FUTURE. Esta proposta está relacionada co noso PDI  Marcelino Verdemán. Coidando da contorna que presentaremos máis adiante así como coa Axenda 2030.