mércores, 21 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Marcelino, como cada Nadal, quere achegarvos unha selección de libros para que  nestas festas navideñas poidades seguir gozando de momentos de lectura.  Ademáis aproveita a ocasión para desexarvos unas felices festas.


sábado, 3 de decembro de 2022

BAIXO O MESMO PARAUGAS

 O día 3 de decembro conmémorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxeto de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. 

Na nosa biblioteca escolar fixemos unha selección de contos que afondan en valores como a solidaridade, a empatía, o respeto, a tolerancia...




Tamén compartimos o documental dun skater galego que quedou cego para  sensibilizarnos coa realidade das persoas con alguna discapacidade no día a día.

luns, 28 de novembro de 2022

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

Neste primeiro trimestre fomos adquirindo libros para a nosa biblioteca como podedes apreciar na seguinte imaxe correspondente a 1º exposición: banda deseñada, narrativa, de ensino. Continuaremos compartindo as novas incorporacións.




venres, 25 de novembro de 2022

AS REDEIRAS NA NOSA ESCOLA

No día de hoxe recibimos a visita da asociación de redeiras de Malpica para afondar nunha das profesións de maior importancia na economía da nosa contorna. A través dunha exposición na biblioteca do centro explicáronnos as diferenzas fundamentais entre aparellos e artes de pesca para posteriormente levar a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas xogaron a ser redeiras e redeiros por un día. 

Con esta visita puxemos o acento no papel da muller no ámbito no laboral da nosa contorna e por outra banda achegámonos a unha das profesións que constituén o tecido económico da noso concello, a súa vez, estreitamente relacionado ca temática da nosa PDI "Oficios da contorna".




Premer aquí para ver as imaxes.

xoves, 24 de novembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Neste día tan relevante unímonos a defensa dos dereitos das mulleres e queremos apoiar activamente os movementos feministas na súa defensa coa intención de conseguir un mundo libre de violencia de xénero.



Coñecedores do uso masivo que fan as mocidades das redes sociais parece importante sinalar que tamén temos que prestar atención a ciberviolencia de xénero. Ollade o seguinte vídeo da camapaña DE FRONTE á violencia de xénero promovida pola Deputación da Coruña. 





A continuación invitámosvos a que descubrades máis información sobre este tipo de violencia nas redes a través do seguinte xogo.

xoves, 27 de outubro de 2022

SAMAÍN NA NOSA ESCOLA

A celebración do SAMAÍN aconteceu despois do recreo e organizouse en obradoiros de baile, maquillaxe e tattoos, teatro e túnel do terror, elaboración de receitas, creación de conxuros e caixas sensoriais. Os sete grupos formados con nenos e nenas de diferentes niveis foron rotando polos devanditos obradoiros. Foi un día arrepíante!!




Premer aquí para ver máis imaxes


martes, 25 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

Neste día 25 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas  reunindo a todo o alumnado na biblioteca do centro para realizar diferentes dinámicas. Presentamos o lema deste ano  "BiblioTEcuida" coa axuda dos voluntari@s que nos falaron da importancia destes espazos nas escolas, institutos e outras institucións. 

En segundo lugar introduxemos a temática da nosa PDI deste curso, "Os oficios da contorna", para o que levamos a cabo un xogo con emoticonos no que todos e todas se mostraron interesados en participar. Tamén recibiron unha carta de Marcelino na que lles explicaba a cada grupo sobre que terían que investigar. 

Por último, fixemos entrega das mochilas viaxeiras para que comecen a súa viaxe polos fogares dos nenos e nenas da nosa escola e poidan as familias poidan gozar de momentos compartidos en torno a lectura.



Premer aquí para ver as imaxes.

martes, 18 de outubro de 2022

CANCIONEIRO DE BUÑO

 No día de hoxe visitamos a Real Academia Galega na Coruña para a presentación do "Cancioneiro de Buño" de Dolores Cancela Pérez. Alí fomos recibidos por membros da Academia e fixemos varias dinámicas para coñecer algún dos versos deste marabilloso libro. 





Premer aquí para ver máis imaxes


martes, 11 de outubro de 2022

INSTRUMENTOS MUSICAIS?

 No dia de hoxe recibimos a visita do músico Xavi Lozano co que aprendemos as diferencias entre instrumentos musicais ou non musicais e algunhas das propiedades do son como o timbre e o volume. Deleitounos con melodías asombrosas utilizando sillas, escadas, tuberías e demais obxetos reciclados. Unha vez rematada a actuación levouse a cabo un obradoiro no que elaborar o seus propios instrumentos a partir elementos de refugallo. Unha experiencia que non esqueceremos.






mércores, 28 de setembro de 2022

NA BUSCA DE VOLUNTARIXS

 O vindeiro luns 3 de outubro a biblioteca escolar do CEIP Bergantiños abre as súas portas. Para comezar esta nova aventura Marcelino precisa dun equipo de voluntarixs que se impliquen nas labores de xestión deste espazo tan relevante na nosa escola. A continuación atoparedes a oferta de emprego para encontrar as persoas axeitadas para o posto.



Premer aquí para descargar o documento


domingo, 18 de setembro de 2022

CURSO 2022/2023

 Comezamos nova aventura na nosa biblioteca escolar para este curso 2022/23. Coa nova normalidade instaurada, sen protocolos sanitarios de por medio , Marcelino quere introducir o Plan Anual de Lectura e o novo horario que terá efecto a partir do 3 de outubro. Chegou a hora de volver a gozar de novos momentos compartidos na nosa biblioteca. 



Premer aquí para acceder os documentos.




luns, 13 de xuño de 2022

PDI: Marcelino Verdemán. Coidando da contorna

 Neste tramo final do curso temos o pracer de presentar o resultado final do noso traballo en torno a temática da nosa PDI, o coidado da contorna. A través de distintas actividades tratamos de sensibilizar ó alumando con prácticas máis responsables co medio e conciéncialos para que líderen unha xeración que loite por un cambio de xeito activo e comprometido.



Made with Padlet

xoves, 9 de xuño de 2022

MERCADILLO SOLIDARIO

 Desde o equipo da biblioteca puxemos en marcha a 1º Edición do Mercadillo Solidario en colaboración coa Cruz Vermella de Carballo. O alumnado pode doar produtos de hixiene infantil e a cambio escollerá dous libros dunha selección clasificados por niveis lectores en horario lectivo. Agardarmos a vosa participación. Comezamos o 9 de xuño e prolongarémolo ate o día 16. Moitas gracias!




Premer aquí para ver as imaxes.

mércores, 18 de maio de 2022

XOGANDO CON FLORENCIO

 Para continuar coa conmemoración das letras galegas pensamos en diferentes obradoiros para afondar na figura de Florencio Delgado Gurriarán. Nas respectivas aulas, o alumnado xogou cos genially propostos por Seminario Galán e elaboraron comecocos ou libros de lapela con información sobre a súa vida e obra. 

Asemade, por turnos, na aula de informática deseñamos unha actividade de robótica na que o alumnado tivo que demostrar as súas destrezas no manexo dos M-BOT así como recordar información relevante sobre a vida e obra de Florencio. A continuación podedes ollear o ben que pasamos!



Premer aquí para ver máis fotos.


mércores, 11 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS

 




Nesta efeméride tan relevante Marcelino preparou unha exposición sobre o autor elixido pola Real Academia Galega, Florencio Delgado Gurriarán.

Recóllense títulos que abordan a súa vida e obra así como recursos en liña a través dun código QR.  Tamén podedles topar recursos interesantes nos seguintes enlaces:


Asemade, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria preparou un vídeo no que narraron a historia "Un legado infindo" de Lucía Gómez Álvarez, e que podedes gozar a continuación.












luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

 Neste día tan sinalado levamos a cabo unha actividade de apadrinamento lector. O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Educación Primaria preparou durante o fin de semana a lectura de libros infantís para posteriormente, emparellados co alumnado de Educación Infantil e 1º- 2º de Educación Primaria, lelos durante o proxecto lector. A cada padriño/madriña  foille entregada unha tarxeta na que se mencionaba o nome do seu/súa afillad@. A continuación mostrámosvos un vídeo que recolle o proceso de intercambio lector.


Premer aquí para ver máis imaxes


xoves, 21 de abril de 2022

APRENDE A TRAVÉS DO SURF

 


Neste día recibimos a visita do equipo de One Surf Academy de Malpica,  composto por Toni e Carlos, para continuar co programa "Aprende a través do surf".

O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Educación Primaria desarrollou unha serie de actividades para acercase ó mundo do surf e os valores que engloba: respecto polo medio ambiente, traballo en equipo, mellora das relacións persoais...

A seguinte xornada terá lugar na praia de Malpica onde poderán experimentar as sensacións dos verdadeiros surfistas en contacto e convivencia coa contorna.

Premendo na imaxe tedes acceso o album de fotos da primeira sesión.

Agradecer o bo facer de Toni e Carlos durante a maravillosa xornada da que disfrutaron os cativos e cativas. 

martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Neste 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller con dúas exposicións. Unha selección de lecturas que afondan en materia de igualdade de xénero e empoderamento da figura feminina, e por outro, unha mostra sobre mulleres oleiras da nosa comarca.





luns, 7 de marzo de 2022

LECTURAS INCLUSIVAS


Presentamos algunhas das novas incorporacións na nosa biblioteca escolar. Son títulos  que comparten un denominador común, a inclusión. Visitádenos para ollalos en primeira persoa. 



 

mércores, 23 de febreiro de 2022

ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, 23 de febreiro do 2022, conmemoramos o día da escritora máis importante da nosa terra, Rosalía de Castro. Cada grupo elaborou pétalos nos que escribiron  títulos de diferentes poemas da súa dilatada obra. Ollade o seguinte vídeo no que mostramos o proceso.