Para continuar coa conmemoración das letras galegas pensamos en diferentes obradoiros para afondar na figura de Florencio Delgado Gurriarán. Nas respectivas aulas, o alumnado xogou cos genially propostos por Seminario Galán e elaboraron comecocos ou libros de lapela con información sobre a súa vida e obra.
Asemade, por turnos, na aula de informática deseñamos unha actividade de robótica na que o alumnado tivo que demostrar as súas destrezas no manexo dos M-BOT así como recordar información relevante sobre a vida e obra de Florencio. A continuación podedes ollear o ben que pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario