luns, 28 de novembro de 2022

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

Neste primeiro trimestre fomos adquirindo libros para a nosa biblioteca como podedes apreciar na seguinte imaxe correspondente a 1º exposición: banda deseñada, narrativa, de ensino. Continuaremos compartindo as novas incorporacións.




venres, 25 de novembro de 2022

AS REDEIRAS NA NOSA ESCOLA

No día de hoxe recibimos a visita da asociación de redeiras de Malpica para afondar nunha das profesións de maior importancia na economía da nosa contorna. A través dunha exposición na biblioteca do centro explicáronnos as diferenzas fundamentais entre aparellos e artes de pesca para posteriormente levar a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas xogaron a ser redeiras e redeiros por un día. 

Con esta visita puxemos o acento no papel da muller no ámbito no laboral da nosa contorna e por outra banda achegámonos a unha das profesións que constituén o tecido económico da noso concello, a súa vez, estreitamente relacionado ca temática da nosa PDI "Oficios da contorna".




Premer aquí para ver as imaxes.

xoves, 24 de novembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Neste día tan relevante unímonos a defensa dos dereitos das mulleres e queremos apoiar activamente os movementos feministas na súa defensa coa intención de conseguir un mundo libre de violencia de xénero.



Coñecedores do uso masivo que fan as mocidades das redes sociais parece importante sinalar que tamén temos que prestar atención a ciberviolencia de xénero. Ollade o seguinte vídeo da camapaña DE FRONTE á violencia de xénero promovida pola Deputación da Coruña. 





A continuación invitámosvos a que descubrades máis información sobre este tipo de violencia nas redes a través do seguinte xogo.