xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Neste 26 de novembro o noso centro pensou nunha inciativa artística para reivindicar a nosa postura contra calquera tipo de violencia contra as mulleres. A súa erradicación ten que ser unha prioridade educativa, e co seguinte vídeo intentamos deixar a nosa pegada neste 26N.




Tamén houbo unha exposición temática cunha selección de títulos para afondar nesta problemática social.

 


venres, 19 de novembro de 2021

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 Os voluntari@os da nosa biblioteca quixeron compartir unha bonita historia que repasa os dereitos fundamentais da infancia aprobados no ano 1989 por Nacións Unidas na Convención sobre os dereitos do neno.




xoves, 18 de novembro de 2021

MAGOSTO

 Marcelino convidounos a celebrar o Magosto e para iso preparau obradoiros con diferentes actividades: xogos tradicionais con castañas, a contacontos "María Castañeira", a elaboración de castañas decorativas, cancións tradicionais e, por suposto, a degustación das castañas. Ollade as imaxes da fabulosa xornada de celebración que pasamos.