venres, 14 de decembro de 2018

POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO DO CONCELLO

O mércores 12, durante a hora de ler, o alcalde de Malpica D. Eduardo Veiga visitou a nosa biblioteca para facer a entrega do premio á gañadora do concurso de postais de Nadal que cada ano pon en marcha o noso Concello por estas datas.
A gañadora este ano foi a alumna de 6º de Educación Infantil Nagore Rodríguez Blanco.

NORABOA NAGORE!!!!



mércores, 5 de decembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

3/12 - DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O martes 4, con apoio do Equipo de Orientación, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Proxectamos o vídeo "Super Antonio" que versa sobre un neno con parálese cerebral. A continuación podedes velo no seguinte enlace:


Ao finalizar fixemos unha pequena "Ximkhana da Discapacidade" con diversos xogos: Sillas sensoriais, circuíto cego, Animais xordos, pano con pictogramas ou a corda coxa.




martes, 27 de novembro de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"25N"

Un ano máis participamos na convocatoria do CEIP Aquilino Iglesias Alvariño baixo o hastag #equaliter en contra da violencia de xénero. Coas aportacións de todos os centros participantes elaboraron un vídeo que podedes ver a continuación.





luns, 5 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

O mércores 31 celebramos no cole o Samaín. Entre outras actividades fixemos un concurso de cabazas ou a  xa típica merenda terrorífica.
Pinchando na foto poderedes acceder ao vídeo con toda a galería fotográfica da nosa celebración.


venres, 26 de outubro de 2018

EXPOSICIÓN DE LIBROS DO OUTONO E SAMAÍN

Unha vez máis, como xa é costume, expoñemos nos corredores do cole unha escolma de libros sobre o Outono e o Samaín, co obxecto de que os nenos/as coñezan a súa existencia e posteriormente os poidan levar para ler na casa ou durante a Hora de Ler.




COCIÑANDO POLO MUNDO


Marcelino, a mascota da nosa biblio, deixou un vídeo para todos nós..... parece que imos a meter as mans na masa!!

xoves, 25 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA 2018

"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

Hoxe conmemoramos na biblioteca o día da Biblioteca Escolar. Algunhas das colaboradoras da biblio leron un manifesto e fixemos a entrega das mochilas viaxeiras a cada aula.
Aproveitamos a ocasión para presentar o PDI para este ano, "Cociñando polo mundo". A nosa mascota Marcelino deixounos unha mensaxe e un baúl cheo de produtos exóticos doutros países.








luns, 7 de maio de 2018

TINYTAP MARÍA VICTORIA MORENO

LETRAS GALEGAS 2018

Pinchando no enlace do final, poderedes acceder a unhas sinxelas actividades elaboradas pola EEI Barrionovo

mércores, 2 de maio de 2018

xoves, 22 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA

SEMANA DA PRENSA (6-9 MARZO)

Dende o martes 6, e ata o venres 9 de Marzo, celebramos no colexio a semana da prensa. Durante estes días os nenos/as dos diferentes niveis puideron consultar diversos xornais e revistas.




xoves, 1 de marzo de 2018

MÁIS DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA - 24 DE FEBREIRO

Pinchando no seguinte enlace, poderedes acceder ao blogue do noso Equipo de Dinamización de Lingua Galega, onde tedes máis fotos da celebración do día de Rosalía.




mércores, 28 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

O venres 23 celebramos no colexio o aniversario do nacemento da nosa máis grande escritora en lingua galega, Rosalía de Castro. Baixo o lema #AbrideAFiestra decoramos os cristais da porta de entrada cos seus versos e a súa imaxe.





xoves, 22 de febreiro de 2018

ENTROIDO

ENTROIDO 2018

Este ano eleximos o tema do Camiño dos Faros para traballar o longo do curso.

Coñecemos as distintas etapas que compoñen esta ruta de sendeirismo e os lugares polos que transcorre. Aproveitamos estes descrubrimentos para elaborar os nosos disfraces , así, os alumnos de infantil convertense en Trasnos, os de primaria en camiñantes, redeiras, percebeiros,oleiros...
Como en entroidos anteriores, participamos no concurso "Pinto o Bus da Mikaela" organizado pola asociación "Amigos da Mikaela" que nos acompañaron no pasarúas, xunto á Mikaeliña, aportando o espíritu festivo destas festas.
Completamos o noso Entroido coa Degustación de postres tradicionais , elaborados polas familias , e que foron moi celebrados por todos os nosos alumnos. 
O noso agradecemento a todos pola vosa participación. 






DÍA DA DISCAPACIDADE


DÍA DA DISCAPACIDADE



Dentro do marco das actividades para conmemorar este día, o martes día 19 de Decembro recibimos a visita da Asociación Aloumiños (Cadelar), con Nuba , can especializado na intervención asistida a persoas con necesidades.

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO

DÍA DA PAZ

Pinchando no seguinte enlace accederedes á páxina do cole, onde poderedes ver algunhas das actividades que fixemos, organizadas en colaboración co equipo de biblioteca, para celebrar este día:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinrodriguez/node/626