venres, 21 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Neste día tan sinalado levamos a cabo unha actividade de apadrinamento lector. O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Educación Primaria preparou durante un par de días a lectura de libros infantís para posteriormente, emparellados co alumnado de Educación Infantil e 1º- 2º de Educación Primaria, lelos durante o proxecto lector. A cada padriño/madriña  foille entregada unha tarxeta na que se mencionaba o nome do seu/súa afillad@. A continuación mostrámosvos un vídeo que recolle o proceso de intercambio lector.







venres, 14 de abril de 2023

2ª EDICIÓN MERCADILLO SOLIDARIO

 Este ano organizamos unha nova edición do Mercadillo Solidario coa intención de recaudar alimentos para cans e cadelas  da Asociación de Amigos de los Perros de Carballo. Como xa acontecera o ano pasado, a colaboración do alumnado e as súas familias foi un éxito rotundo polo que queremos trasladar o noso agradecemento por tanta empatía e solidaridade. 

Agardamos seguir celebrado iniciativas deste tipo e seguir contanto coa vosa contribución  incondicional.


GRACIAS!!!