luns, 28 de novembro de 2016

Recementemente visitounos o compositor vigués Mateo Mena para impartir un obradoiro de ciencia musical ó alumnado de 4º, 5º e 6º. Mateo está especialidado en música electroacústica e ensinou ós rapaces e rapazas a xerar sons con medios puramente electrónicos, tales como cables, pilas, osciladores, ou altofalantes reciclados.


xoves, 24 de novembro de 2016

OS INVENTOS

No presente curso,desde a biblioteca do centro, imos a coñecer e traballar cos inventores e inventos mais relevantes da historia.
 Para comezar aquí vos deixamos o vídeo de presentación da actividade.




 

xoves, 28 de abril de 2016

venres, 18 de marzo de 2016

EXHIBICIÓN DEPORTIVA DO ALUMNADO DE 6º DE EP

Este ano seguimos traballando sobre o deporte e quen mellor que o mestre de Educ. Física para ensinarlles aos nenos e nenas cómo practicalo do modo axeitado?
Hoxe , despois dunha gran preparación e esforzo pola súa parte, o alumnado de 6 , titorizado por Pablo, obsequiounos cunha exhibición ximnástica espectacular.
En breve amosarémosvos algo, pero teredes que esperar a que organicemos os videos e as fotos, que non teñen desperdicio.
Parabéns aos protagonistas e ao mestre !

Que pasedes boa semana, vémonos o martes.

Sesión de Animación á Lectura do grupo de 2º de EP "INDICACIÓNS PARA APRENDER A DEBUXAR"

INDICACIÓNS PARA APRENDER A DEBUXAR  (Sefa e o alumnado de 2º)

Concurso "POSTAL ROSALÍA DE CASTRO"

Pinchade no enlace para ver as postales participantes.
Dálle á Lingua.

martes, 1 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA


   Para celebrar o Día de Rosalía, o día 24,  os nenos e nenas do colexio recitaron diferentes  poemas

 
 
 
A clase de 3 anos traballou moito sobre Rosalía, podedes velo no seguinte vídeo:
 
.

VÍDEO ENTROIDO

XOGOS OLÍMPICOS ESCOLARES - BUÑO 2016

Este entroido celebramolo no noso colexio realizando a ceremonia de inauguración dos Xogos Olímpicos.

"O GALO QUIRICO" - Sesión de Animación á Lectura preparada polo grupo de 1º EP


DÁLLE Á LINGUA

Familias, lembrámosvos que podedes seguir outras novas, ou ampliar as que vedes por aquí, no blogue de Dinamización Lingüística:  "Dálle á Lingua".


mércores, 24 de febreiro de 2016

CONCURSO OLÍMPICO NA BIBLIOTECA

Todos os luns atoparás unha pregunta na PORTA DA BIBLIOTECA. Busca a resposta correcta e déixaa no buzón xunto co teu nome e curso.
Tes unha semana para contestar.

PARTICIPA!!!!!

ENTROIDO 2016


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Dentro das conmemoracións do Día de Rosalía , tedes as seguintes actividades para coñecer algo mais sobre a súa vida.

martes, 2 de febreiro de 2016

Día escolar da non Violencia e da Paz.

O día 29 de xaneiro festexamos na escola o día da Paz, podedes ver as fotos pinchando no vídeo que tedes arriba.

luns, 1 de febreiro de 2016

OS XOGOS OLÍMPICOS

Acompáñanos a descubrir moitas cousas sobre os Xogos Olímpicos.



Vídeos:
 Podes descubrir máis cousas nos seguintes vídeos.