luns, 21 de decembro de 2020

O APALPADOR

 Hoxe recibimos unha visita moi especial nestas datas navideñas. O "Apalpador" contounos unha historia que nos axudou a entender a súa relación coas castañas e a orixe do seu nome.




mércores, 16 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2020

 Marcelino quere desexarvos unhas felices festas e recomendarvos as seguintes lecturas que podedes incluir nas vosas cartas ó Apalpador, Papa Noel ou os Reis Magos. 


xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Iniciamos este mes de decembro coa conmemoración do "Día internacional das persoas con discapacidade". É un día para concienciar de que somos diferentes pero temos os mesmos dereitos. A continuación compartimos materiais para traballar sobre este tema.

Un día para tod@s








mércores, 25 de novembro de 2020

25-N

 Neste día tan relevante Marcelino e toda  comunidade educativa do CEIP Joaquín Rodríguez Otero expresamos a nosa mensaxe contra a violencia de xénero. Propuxemos a lectura de libros relacionados coa igualdade de xénero e fixemos un mural reivindicativo.







martes, 27 de outubro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Marcelino aproveitou o a celebracion do día das bibliotecas para sorprender os nenos e nenas do noso colexio coa entrega das mochilas viaxeiras. Agardamos que disfrutedes en familia da lectura.




DÍA DA BIBLIOTECA


O luns celebramos o "Día da biblioteca" presentando o novo lema para este curso académico. Ademáis, Marcelino, descubriunos sobre que imos aprender este ano. Mirade o vídeo para averigualo!

mércores, 13 de maio de 2020

Letras Galegas 2020

Conto: "As pitas baixo a choiva"
Autor: Ricardo Carvalho Calero



Xogo sobre o conto: "Adiviña o son"


luns, 4 de maio de 2020

Parabens para ti.

Adicado a todos os que cumpristes anos durante este tempo de confinamento.


luns, 27 de abril de 2020

Os nosos contos

Recopilación das obras creadas polo alumnado do centro durante o confinamento.

O final do coronavirus

 


luns, 20 de abril de 2020

Semana do libro.


Día Internacional do Libro, 23 de abril

O día 23 de abril foi elixido como «Día Internacional del Libro», pois coincide co falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega nesta data, no ano 1616.
A Unión Internacional de Editores propuxo esta data á UNESCO, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A Conferencia Xeral da UNESCO aprobouna en París o 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor, para render unha homenaxe mundial ao libro a aos seus autores e autoras e alentar, en particular aos máis xóvenes, a descubrir o placer da lectura e a respectar a irreemplazable contribución ao progreso social e cultural.


Para celebra a Semana do Libro  o equipo de biblioteca propónvos dúas actividades:
  • que vos convirtades en escritores.
  • que recomendedes un libro.





CONVERTETE  EN ESCRITOR

Como pode ser a historia?
  • Podes escribir o teu conto nun folio e despois sacarlle unha foto co móbil.
  • Podes escribir a túa historia nun documento de texto no ordenador.
  • Podes facer un cómic ou un conto con debuxos.
  • Podes contar a historia de forma oral e grabar a túa voz ou en video e engadir debuxos da historia.

    Sobre que pode tratar o conto?

    O tema é libre , sobre o que mais vos apeteza.
    Tamén vos suxerimos que vos inspiredes na epidemia do COVID19 e deixedes voar a vosa imaxinación.


    Hai algunha norma para participar?
  • A historia ten que ter un título.
  • Pode escribirse en calquera das linguas que traballamos no colexio.
  • Pode realizarse individualmente ou en colaboración. En ambos casos o final da historia deben aparecer os nomes dos autores.

    Como envío os contos?

    Podes envialos por correo electrónico os seguintes correos:

    ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal
    ceip.jro@gmail.com

    CONVERTETE EN BOOKTUBER

     

    Envíanos un vídeo coa lectura recomendada explicando por que che gustou, contando de que trata o libro e sobretodo porque pensas que lles vai a gustar os demais.

    Tamén podes sacarte unha foto co libro que recomendas e enviarnos a imaxe.

    Cando o teñas listo podes envialo os correos electrónicos:

    Para axudarte aquí podes ver como ser un booktuber.
     



  O CONTO DO DÍA

 

 

 

 

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=6&video=Xos%20Ballesteros%20-%20Los%20tres%20cerditos#PD_Xos%20Ballesteros%20-%20Los%20tres%20cerditos 









venres, 20 de marzo de 2020

Artur e Clementina

Conto elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria dentro dos actos conmemorativos do Día da muller.


xoves, 19 de marzo de 2020

Cada día un conto.Contacontos

No seguinte enlace podes acceder á páxina de Kalandraka TV , onde podes disfrutar de moitas historias.
http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

sábado, 15 de febreiro de 2020

Contacontos dos namorados

Para celebrar o Día dos namorados nada mellor que un fantástico contacontos.








O noso agradecemento á ANPA Xaviña, especialmente a Ana, por unha actividade moi disfrutada por todos.

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Visita do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes

O día 23 de xaneiro visitaron o noso centro o alumnado e docentes do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes.

Contarónnos como son as súas clases e amosáronnos os proxectos nos que traballan e algúns produtos elaborados por eles. 














Charla sobre epilepsia

O día 4 de decembro visitaron o noso centro membros da Unión Galega de Epilepsia ( UGADE ) para explicarnos en que consiste a epilepsia e como debemos actuar se nos atopamos ante unha crise epiléptica.