Día Internacional do Libro, 23 de abril
O día 23 de abril foi elixido como «Día
Internacional del Libro», pois coincide co falecemento dos escritores Miguel de
Cervantes, William
Shakespeare e Inca Garcilaso
de la Vega nesta data, no ano 1616.
A Unión
Internacional de Editores propuxo esta data á UNESCO, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A Conferencia Xeral da UNESCO aprobouna en París o 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o Día
Internacional do Libro e do Dereito de Autor, para render unha homenaxe mundial
ao libro a aos seus autores e autoras e alentar, en particular aos máis
xóvenes, a descubrir o placer da lectura e a respectar a irreemplazable
contribución ao progreso social e cultural.
- que vos convirtades en escritores.
- que recomendedes un libro.
CONVERTETE EN ESCRITOR
Como pode ser a historia?- Podes escribir o teu conto nun folio e despois sacarlle unha foto co móbil.
- Podes escribir a túa historia nun documento de texto no ordenador.
- Podes facer un cómic ou un conto con debuxos.
- Podes contar a historia de forma oral e grabar a túa voz ou en video e engadir debuxos da historia.Sobre que pode tratar o conto?
Tamén vos suxerimos que vos inspiredes na epidemia do COVID19 e deixedes voar a vosa imaxinación.
Hai algunha norma para participar?
- A historia ten que ter un título.
- Pode escribirse en calquera das linguas que traballamos no colexio.
- Pode realizarse individualmente ou en colaboración. En ambos casos o final da historia deben aparecer os nomes dos autores.
Como envío os contos?
Podes envialos por correo electrónico os seguintes correos:
ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal
ceip.jro@gmail.com
CONVERTETE EN BOOKTUBER
Envíanos un vídeo coa lectura recomendada explicando por que che gustou, contando de que trata o libro e sobretodo porque pensas que lles vai a gustar os demais.
Tamén podes sacarte unha foto co libro que recomendas e enviarnos a imaxe.
Cando o teñas listo podes envialo os correos electrónicos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario