venres, 16 de xuño de 2023

A VOZ DE BUÑO

 A continuacuón podedes ollear o noso xornal que recolle algunha das novidades da nosa vila o longo do curso 2022/2023. Esperamos que vos guste e continuar con esta tradición xornalística o vindeiro curso.


Made with Padlet

xoves, 18 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS




Nesta efeméride tan relevante Marcelino preparou unha exposición sobre o autor elixido pola Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego. 

Recóllense títulos que abordan a súa vida e obra así como recursos en liña a interesantes nos seguintes enlaces:

- Seminario Galán

-  Primavera das Letras

- Real Academia Galega


Asemade, levamos a cabo unha actividade interactiva en robótica para coñecer máis detalles sobre a súa vida e obra e o curso de 3º e 4º de Educación Primaria elaborou un video conmemorativo que podedes visionar a continuación:



venres, 21 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Neste día tan sinalado levamos a cabo unha actividade de apadrinamento lector. O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Educación Primaria preparou durante un par de días a lectura de libros infantís para posteriormente, emparellados co alumnado de Educación Infantil e 1º- 2º de Educación Primaria, lelos durante o proxecto lector. A cada padriño/madriña  foille entregada unha tarxeta na que se mencionaba o nome do seu/súa afillad@. A continuación mostrámosvos un vídeo que recolle o proceso de intercambio lector.







venres, 14 de abril de 2023

2ª EDICIÓN MERCADILLO SOLIDARIO

 Este ano organizamos unha nova edición do Mercadillo Solidario coa intención de recaudar alimentos para cans e cadelas  da Asociación de Amigos de los Perros de Carballo. Como xa acontecera o ano pasado, a colaboración do alumnado e as súas familias foi un éxito rotundo polo que queremos trasladar o noso agradecemento por tanta empatía e solidaridade. 

Agardamos seguir celebrado iniciativas deste tipo e seguir contanto coa vosa contribución  incondicional.


GRACIAS!!!




mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Neste día tan relevante quixemos facer unha labor divulgativa entre ó alumnado para afondar na orixe deste día de reivindicación. A responsabilidade para seguir avanzando recae sobre cada un de nós. 




venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o 23 de febreiro do 2023, o Día de Rosalía De Castro, propuxemos a realización dunha actividade na que coñecer en profundidade a súa vida e obra e convertermos en mensaxeiros da súa  obra. Para iso completamos o reto de repartir pola vila de Buño fragmentos das prosas da escritora galega. 



venres, 3 de febreiro de 2023

NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA

 Neste segundo trimestre fixemos algunhas incorporacións ó noso catálogo. Ollade os títulos e vistádenos para gozar da lectura destas novidades.




luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

 Un ano máis conmemoramos o Día da Paz cunha carreira no campo de fútbol do  U.D Cerqueda que amablemente nos cede para a causa. Aproveitamos a súas gradas para interpretar a canción que a mestra especialista en música, Sheila Puñal, preparou cos diferentes niveis do noso centro. 

Outra das iniciativas consistiu na plantación de semillas solidarias con mensaxes pacíficos elaborados polo alumnado dos diferentes niveis. 

Agardamos que vos guste o resultado. 


Premer aquí para ver máis imaxes.





martes, 24 de xaneiro de 2023

OBRADOIRO MINDFULLNESS

 Hoxe recibimos a visita de Anxo Fariña, escritor e debuxante, para traballar en técnicas de relaxación dende unha perspectiva artística. Unha das actividades que más chamou a atención do alumnado foi a pintura luminiscente na oscuridade. Deixámosvos unha mostra fotográfica da nosa xornada. 



Premer aquí para ver máis imaxes