"Todos e todas contamos"é unha proposta inclusiva de Afundación articulada en varios talleres, segundo a idade.
Educación Infantil e 1º e 2º recibiron o contacontos "A familia". A historia tratou diferentes tipos de familias (monoparentais, numerosas, de dous pais...). Unha vez escoitado o conto, realizaron a actividade "Creando a miña familia". Para iso, cada neno debuxou as persoas que conformaban o seu núcleo familiar, uníndoas posteriormente para crear un móbil colgante. Desta maneiro viron que cada familia é diferente pero igual de xenial!
3º e 4º de Educación Primaria desfrutou de "Circuito circense", un obradoiro no que crearon o seu propio circo. Colocaronse diferentes estacións nas que o alumnado foi experimentando con actividades de equilibrio, puntería e incluso acrosport. Con estas actividades tentaron mellorar a convivencia, a cooperación, o aumento da autoestima personal e grupal, o coñecemento e o control do seu propio corpo; así como a superación de medos e límites.
Ningún comentario:
Publicar un comentario