Xa temos todo listo para o Festival de Nadal! Estes días, a nosa biblioteca transfórmase. Montamos palco, telón e decorados coa axuda do noso conxerxe.
Comezan os últimos ensaios, onde hai moito traballo detrás (coreografía, vestiario, maquillaxe, presentacións) e comezan a notarse os nervios. Aiii...que pouquiño falta!
E é que a biblioteca tamén é un recuncho para celebrar e compartir actos culturais en familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario