mércores, 25 de febreiro de 2015

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO



O día 24 de Febreiro do 2015 cumpríronse 178 do nacemento da escritora e poetisa galega Rosalía de Castro, autora de poemarios como Cantares Gallegos e Follas novas.

Dende o colexio fíxoselle unha homenaxe. As alumnas e alumnos leron e cantaron varios dos seus poemas e viron unha presentación sobre a súa biografía. Para isto, contouse co traballo e coordinación da biblioteca, música, Normalización Lingüística e TICs.



  

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE




O 14 de Febreiro é un día adicado á Amizade e ao Amor. 
Os alumnos e alumnas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, celebrárono escribindo fermosas notas de agarimo aos seus compañeiros/as e aos seus mestres/as.

Para isto, contaron coa axuda de Cristina, mestra de inglés e coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Encarnando a Cupido (segundo a mitoloxía romana, o deus do amor), Cristina repartiu as cartas entre os nenos e nenas.

xoves, 5 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ







ESTE VÍDEO RESUME AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO DÍA DA PAZ








MURAL DE DESEXOS POLA PAZ REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CENTRO.


martes, 3 de febreiro de 2015

Descubrindo a Picasso.

Marcelino visita un museo e queda marabillado ante as pinturas de Picasso.


Descubre como foi a vida e a obra deste gran artista a través das actividades que desde a biblioteca te propoñemos.

Videos:


Picasso para niños

Cantinflas coñece a Picasso

Picasso en acción

Biografía de Picasso


Actividades:



Marcelino descubre a Picasso

Realiza estas actividades realizadas polo equipo da biblioteca para coñecer mellor a Picasso.
Cando remates indícallo aos mestres da biblioteca para obter a túa recompensa.

Anímate a participar ¡¡¡