domingo, 19 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Marcelino ofrécevos unha selección de libros para que poidades ter máis ideas cos agasallos de Nadal. Tamén  inclúe as novas incorporacións da nosa biblioteca en relación a "PDI Marcelino Verdemán. Coidando da contorna". Agardamos que vos gusten e FELICES FESTAS¡¡



venres, 3 de decembro de 2021

NARRACIÓN ORAL

 


Premer aquí para ver máis fotos.


Hoxe recibimos a visita do artista Pablísimo que representou un espectáculo de narración oral. O público permaneció atento e abraiado durante o show. Esta proposta partiu da colaboración da Federación Provincial de ANPAS e a Diputación da Coruña.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 O  3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para promover os direitos e benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida. 


Clicando nos títulos poderedes disfrutar desta selección de historias que nos acercan á diversidade.

         EL CAZO DE LORENZO              MONSTRUO ROSA                TOPITO TERREMOTO
  
 

                                                     WONDER, TODOS SOMOS ÚNICOS

xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Neste 26 de novembro o noso centro pensou nunha inciativa artística para reivindicar a nosa postura contra calquera tipo de violencia contra as mulleres. A súa erradicación ten que ser unha prioridade educativa, e co seguinte vídeo intentamos deixar a nosa pegada neste 26N.




Tamén houbo unha exposición temática cunha selección de títulos para afondar nesta problemática social.

 


venres, 19 de novembro de 2021

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 Os voluntari@os da nosa biblioteca quixeron compartir unha bonita historia que repasa os dereitos fundamentais da infancia aprobados no ano 1989 por Nacións Unidas na Convención sobre os dereitos do neno.




xoves, 18 de novembro de 2021

MAGOSTO

 Marcelino convidounos a celebrar o Magosto e para iso preparau obradoiros con diferentes actividades: xogos tradicionais con castañas, a contacontos "María Castañeira", a elaboración de castañas decorativas, cancións tradicionais e, por suposto, a degustación das castañas. Ollade as imaxes da fabulosa xornada de celebración que pasamos.










venres, 29 de outubro de 2021

TERRORÍFICO!!

A celebración do SAMAÍN aconteceu despois do recreo e organizouse en obradoiros de xogos, maquillaxe e tattoos, teatro e túnel do terror así como decoración de galletas. Cada grupo foi rotando polos devanditos obradoiros ata o momento da entrega de premios ás mellores cabazas. Foi un día arrepíante!!




Durante toda a semana puideron disfrutar dunha exposición temática no mirador da nosa biblioteca.



CHEGOU O SAMAÍN!

 No día de hoxe celebraremos o noso querido SAMAÍN. Temos moitas sorpresas preparadas que descubrieres despois do recreo...Polo de agora imos mostrarvos o maravilloso traballo que fixeron decorando cabazas  empregando elementos de refugallo. 




Non marchedes que aínda temos algo máis!!! A continuación podedes descubrir unha interesante historia titulada "O noso Samaín", de Loretta Birott  e facer unha serie  de actividades grazas a colaboración de diferentes centros de ensino galegos. Gozade!!!


mércores, 27 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Este mércores conmemoramos o Día das bilbliotecas para o que propuxemos ó alumnado que reflexionaran sobre a importancia da Biblioteca Escolar nas súas vidas. En Ed. Infantil e primeiros cursos de Ed. Primaria elaboraron debuxos sobre a sua interpretación deste espazo de encontro e aprendizaxe; por outra banda, os cursos altos pensaron en inxeniosos slogans cos que resumir a súa relación ou visión deste lugar repleto de historias.

Ademáis, aproveitamos este día tan sinalado para facerlles entrega das mochilas viaxeiras cargadas de novas e emocionantes aventuras que desexamos que sexan compartidas en familia. 


Deixámosvos un vídeo co que aconteceu no dia de hoxe.




venres, 22 de outubro de 2021

Obradoiros de igualdade: Cambiando o conto

 No día de hoxe recibimos a visita da Asociación  Visibles para desarrollar un obradoiro no que abordar  a igualdade e unha análise crítica do estereotipos de xénero. 

O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Ed. Primaria traballou na realización dunha análise crítica dos estereótipos de xénero na nosa sociedade e, a partir de contos tradicionais, trataron de propoñer novas persoaxes e desenlaces desde unha perspectiva de xénero. 




luns, 4 de outubro de 2021

RESIDUOS CERO

Benvid@s, Marcelino está de volta neste novo curso académico. Este luns abrimos as portas da nosa biblioteca escolar e comezamos cos empréstitos e os novos retos. Por exemplo, este ano temos como reto reducir a cantidade de residuos que xeramos no centro polo que colaboraremos coa plataforma TEACHERS FOR FUTURE. Esta proposta está relacionada co noso PDI  Marcelino Verdemán. Coidando da contorna que presentaremos máis adiante así como coa Axenda 2030.




venres, 11 de xuño de 2021

A VOZ DE BUÑO

 Marcelino quere presentarvos a nosa edición dixital do periódico "A voz de Buño". Ollade as diferentes seccións para coñecer as novidades do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

Made with Padlet

luns, 17 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Marcelino conmemora o "Día das lestras galegas" falando da figura de Xela Arias. Durante a derradeira semana o alumnado puido disfrutar dunha exposición dalgunhas das súas obras e unha mostra fotográfica que percorría a súa vida. 

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS




xoves, 1 de abril de 2021

Alimentos do mar

 O alumnado de infantil estivo a investigar a presenza de recetas tradicionais que conten con ingredientes procedentes do habitat mariño.

Coa colaboración das familias, obtivemos as receitas de 4 pratos que forman parte da nosa alimentación.

Para completar a nosa investigación , na aula estivemos a averiguar as características físicas e costumes singulares das especies mariñas que constituen os ingredientes fundamentais de estas receitas. Aprendimos onde viven, como é a súa alimentación , os hábitos reproductivos e outras curiosidades. Tamén estudamos as técnicas empregadas para pescalos e cales son as mais respetuosas co medio natural.

Aquí vos deixamos estás receitas. Agardamos que gocedes coa súa degustación.


RECEITAS DO MAR

- Salmón á prancha


- Merluza o forno con pataca panadera


 

- Polbo á feira


 

- Atún fresco con guisantes



sábado, 13 de marzo de 2021

DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 Gustaríavos formar parte do clube sostible de Marcelino? Hoxe vaivos dar uns consellos para cando vaides ó supermercado e así reducir o uso do plástico de forma sinxela.

 

sábado, 6 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER: Mulleres dos mares

Hoxe, 8 de marzo, "Día da muller", Marcelino quere achegarvos a figura dunha muller galega moi relevante e que ten relación co noso PDI "O medio Mariño". Mergúlladevos para coñecer máis curiosidades.


martes, 23 de febreiro de 2021

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe Marcelino quere celebrar  o día de Rosalía de Castro neste 24 de Febreiro

 Para que poidades coñecela en profundidade envíavos este vídeo tan orixinal e ilustrativo. Abride ben os ollos e escoitade con atención porque Rosalía, como di Ledicia Costas, é "unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos floráis, os pulmóns da súa obra aférrarse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda".


Agora, para todos e todas os que vos animedes a recitar os poemas de Rosalía cun ritmo musical, gozade do seguinte vídeo.

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A ciencia precisa que a figura das mullleres cientítificas sexa recoñecida. Mulleres que tamén foron nenas.