O alumnado de infantil estivo a investigar a presenza de recetas tradicionais que conten con ingredientes procedentes do habitat mariño.
Coa colaboración das familias, obtivemos as receitas de 4 pratos que forman parte da nosa alimentación.
Para completar a nosa investigación , na aula estivemos a averiguar as características físicas e costumes singulares das especies mariñas que constituen os ingredientes fundamentais de estas receitas. Aprendimos onde viven, como é a súa alimentación , os hábitos reproductivos e outras curiosidades. Tamén estudamos as técnicas empregadas para pescalos e cales son as mais respetuosas co medio natural.
Aquí vos deixamos estás receitas. Agardamos que gocedes coa súa degustación.
RECEITAS DO MAR
- Salmón á prancha
- Merluza o forno con pataca panadera
- Polbo á feira
- Atún fresco con guisantes
Ningún comentario:
Publicar un comentario