xoves, 24 de decembro de 2015

O apalpador e a castaña máxica


Os nenos e nenas de infantil e 1º de  primaria coñeceron un pouco mellor ao Apalpador. O día 15 de decembro, Pilar, a nai dunha das nenas do cole do Courel contounos a súa historia por videoconferencia. Puidemos falar con todos os nenos desa escola.

domingo, 20 de decembro de 2015

Conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia

Nesta ocasión os nenos e nenas de sexto doblaron ao galego unha presentación sobre a Constitución que tod@s vimos na biblioteca. Podedes velo no enlace de arriba.

xoves, 3 de decembro de 2015

Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) reunímonos na biblioteca para ver o conto de Arturo e Clementina e fixemos actividades relacionadas coa historia durante toda a semana. Tamén visionamos o vídeo elaborado polo Concello de Malpica no que participamos.
Pincha na cor verde para poder ver os vídeos.