O día 3 de decembro conmémorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxeto de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Na nosa biblioteca escolar fixemos unha selección de contos que afondan en valores como a solidaridade, a empatía, o respeto, a tolerancia...
Tamén compartimos o documental dun skater galego que quedou cego para sensibilizarnos coa realidade das persoas con alguna discapacidade no día a día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario