Neste día recibimos a visita do equipo de One Surf Academy de Malpica, composto por Toni e Carlos, para continuar co programa "Aprende a través do surf".
O alumnado de 3º- 4º e 5º- 6º de Educación Primaria desarrollou unha serie de actividades para acercase ó mundo do surf e os valores que engloba: respecto polo medio ambiente, traballo en equipo, mellora das relacións persoais...
A seguinte xornada terá lugar na praia de Malpica onde poderán experimentar as sensacións dos verdadeiros surfistas en contacto e convivencia coa contorna.
Premendo na imaxe tedes acceso o album de fotos da primeira sesión.
Agradecer o bo facer de Toni e Carlos durante a maravillosa xornada da que disfrutaron os cativos e cativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario