Esta semana estivemos celebrando o obradoiro de origami nos recreos para aquel alumnado interesado nesta arte. Foi todo un éxito!
Aínda que a orixe exacta do origami é difícil de rastrear, pois a información referente ao tema é escasa antes do século XV, todo apunta a que provén de China (S. II). Diversos autores señalan que non foi ata o século VI cando chegou a Xapón, levado alí por uns monxes.
Dado que a historia do origami está vinculada ao papel e este último invento atribúese a Cai Lun, funcionario da corte china, todo parece apuntar a que a arte da papiroflexia provén de Oriente.
Por todo o dito decidimos vincular este obradoiro ao noso proxecto (Viaxando con Marco Polo), pois este gran aventureiro estivo 17 anos en Catai (China) traballando para o gran Kublai Khan e coñecendo novos inventos que aínda non chegaran a Europa.
Deixámosvos algunhas fotos das xornadas:
Como o obradoiro gustou moitos entre os nenos e nenas, decidimos adquirir un exemplar relacionado:
"Origami para niños" de Mari Ono e Roshin Ono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario