O 15 de maio foi o Día da familia e para conmemoralo, dende a Biblioteca Escolar, pensamos nunha actividade colaborativa nas que as familias fosen as protagonistas.
Para iso, as familias voluntarias enviaron os seus recunchos favoritos para "ler en familia". Algúns incluso enviaron a foto lendo coas súas mascotas (son da familia).
Ollade que familias lectoras máis bonitas temos!
A maiores propuxemos os seguintes libros:
- O día da familia de Luis Amarisca e Marisa Morca.
- Unha chea de familias de Xosé A. Neira Cruz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario