Hoxe recibimos, con moita ilusión, a visita da escritora Antía Yáñez, da cal temos varios libros para emprestar na nosa Biblioteca Escolar; ademais dos exemplares que limos en aula.
Os maiores (5º e 6º) estiveron lendo o seu libro "Plan de rescate" da editorial Xerais, un relato que nos serviu para reflexionar sobre a verdadeira inclusión, a amizade ou o propio acoso escolar.
Podedes ver no seguinte PDF máis sobre este libro!
Pica e arrastra na barra lateral da dereita ou abre nunha nova xanela picando na esquina superior dereita:
Ningún comentario:
Publicar un comentario