📚 Contra a desinformación: Biblioteca.
O pasado 24 de outubro celebramos no noso centro o Día das Bibliotecas , baixo o lema deste ano: “Contra a desinformación: Bibliotecas”
As bibliotecas son espazos fundamentais para o coñecemento, o pensamento crítico e a convivencia. Por iso organizamos un faladoiro e choiva de ideas no que o alumnado compartiu as súas reflexións sobre a importancia das bibliotecas no noso día a día. As ideas e opinións dos nenos e nenas foron tan interesantes como inspiradoras.
Ademais, tivemos unha lectura a cargo de alumnado e axudantes do centro, centrada no tema do poder das etiquetas boas e malas.
A actividade serviu para facer unha pequena reflexión colectiva sobre como as palabras poden construír ou ferir, e a importancia de elixir sempre etiquetas que sumen e respecten.
Como peche da xornada, realizouse a entrega das mochilas viaxeiras que levará o alumnado para ler en familia.



Ningún comentario:
Publicar un comentario