Día Internacional da Educación
O 24 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Educación. Para conmemorar esta data, Astrocat enviounos unha carta cunha misión moi especial: descubrir que é a educación e por que é tan importante.
Para resolver o reto, visitamos a biblioteca escolar e mergullámonos na lectura de contos e libros que nos axudaron a reflexionar e aprender. Entre páxinas e historias descubrimos que a educación nos permite crecer, aprender, convivir e abrir portas a novos soños.
Na biblioteca seguimos aprendendo, investigando e gozando da lectura cada día. Grazas, Astrocat, por esta fantástica misión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario