venres, 31 de maio de 2024

Obradoiro de tinta china!

Estes días estivemos facendo un taller moi especial no que experimentamos a escritura con pincel de letras chinas. Enfiamos o proxecto, no cal estamos afondando na cultura chinesa, para facer uns marcapáxinas co propio nome. Para tal fin, seguimos un "abecedario" de referencia, aínda que en realidade non teñen; xa que usan caracteres que representan ideas e que se foron creando ao longo de milleiros de anos. É moi difícil determinar o número de caracteres chinos que existen.

Deixámosvos unha mostra do que foi ocorrendo estes días no recreo:






Os máis pequenos (EI) tamén se animou a imitar os trazos.





Por se queredes seguir afondando no idioma chino deixámosvos un videotitorial do canal "MandarinLab".

Semana do cómic!

Esta última semana de maio celebramos a Semana do Cómic no noso centro!

Para iso organizamos varias actividades!

1. Subimos unha selección de 25/30 cómics de diferentes temáticas por cada aula para desfrutar léndoos tras o recreo! Entre eles había clásicos como "Tintín", "Astérix y Obélix", "Mortadelo y Filemón", toda a colección "Marvel"; e outros como "Los Simpson", "Narval", "Elfie", "Enola Holmes", "Witch", "Aldara". "Los diarios de cereza", "Unha mestra en apuros"...

Olla algunha das fotos!





2. Engadimos novidades á nosa zona de banda deseñada:



Encántanos a colección de Xulia Pisón onde mestura ciencia, humor e banda deseña! Sabías que as microalgas existen dende hai 1.500 millóns de anos? Con elas salvaremos ao planeta máis as microalgas tamén teñen os seus propios problemas e, senón, que llo digan a Spirulina. 




Superpataca é unha colección que nos parece ideal para os primeiros lectores e para non parar de rir. Nela o protagonista é ... unha pataca?


3. Tamén realizamos un obradoiro de cómic de dous días onde traballamos as onomatopeas, as emocións dos personaxes, o debuxo de siluetas en movemento...


 


Aproveitamos o lema do Plan Plambe deste ano para adentrarnos un pouquiño máis na Banda Deseñada!


Enfiamos todo co libro "Crea tus propios cómics" da editorial Usborne.



4. Por último, anunciamos o concurso de cómic/ banda deseñada.



xoves, 30 de maio de 2024

Recibimos un agasallo moi especial: libros de escritores/as da zona e da autora homenaxeada!

Hoxe recibimos na Biblioteca Escolar un lote de libros por parte do concello. Son todos de escritores e escritoras da zona; ademais dalgún relacionados coa autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas (Luísa Villalta) e con Francisco Fernández del Riego.

Fíxonos moita ilusión! Que se note que no concello tamén hai canteira de escritores/as!

Coñeces a estes autores e autoras malpicáns?


mércores, 29 de maio de 2024

Os vermes de seda





Sabías por que a ruta da Seda recibe ese nome?  Foi nomeada así pola importancia que tiña a seda para o comercio que se realizaba ao longo desa ruta na antigüidade. A seda er aun produto moi valioso en todo o mundo e só se producía en China (na época de Marco Polo só se coñecía como facela en China/antiga Catai). Debido a isto, volveuse nun dos bens máis apreciados e valorados da ruta.

Foi por iso que, dende a Biblioteca Escolar, propuxemos coñecer un pouquiño máis sobre a produción da seda. Para iso levamos á aula ovos de vermes de seda para criar e coñecer así o ciclo da metamorfose.

Tamén propuxemos lecturas para acompañar e comprender mellor este proceso (metamorfose):

Os libros propostos dende a biblioteca para traballar a metamorfose foron os seguintes:






Ademais disto, dende o eido da Educación Musical, asistiuse ao concerto "Bolboreta e as emocións", dirixido por Lydia Botana, no palacio da Ópera. Aproveitouse para falar da metamorfose nas clases de música e tamén para visitar diferentes culturas e músicas do mundo.





martes, 28 de maio de 2024

Obradoiro de cómic!

 


Esta semana tivemos o obradoiro de cómic no que traballamos as onomatopeas (tan características do cómic), a creación de expresións, caras e movementos. Aproveitamos o lema do Plan Plambe deste ano para adentrarnos un pouquiño máis na Banda Deseñada!


Enfiamos todo co libro "Crea tus propios cómics" da editorial Usborne.


sábado, 25 de maio de 2024

Os máis pequenos crean un xogo de cartas: Marco Polo!

Os máis pequenos do colexio atrevéronse a crear o seu propio xogo de cartas para repasar todo o que viran na súa viaxe gamificada con Marco Polo. Nela aprenderon moitos aspectos de cada cultura.

Olla todo o traballazo que fixeron e atrévete a xogar (ver pdf de abaixo):




Olla o seguinte PDF para ler as instruccións e todo o que se traballa con este xogo!



Deixámosvos a plantilla por se queredes replicalo:


Concurso de cómic!


Dende a Biblioteca Escolar organizamos un concurso de cómic en galego. Anímate coa banda deseñada e presenta a túa proposta antes do 15 de xuño. Haberá agasallos fabulosos!

Obradoiro de origami!


Esta semana estivemos celebrando o obradoiro de origami nos recreos para aquel alumnado interesado nesta arte. Foi todo un éxito!

Aínda que a orixe exacta do origami é difícil de rastrear, pois a información referente ao tema é escasa antes do século XV, todo apunta a que  provén de China (S. II). Diversos autores señalan que non foi ata o século VI cando chegou a Xapón, levado alí por uns monxes.

Dado que a historia do origami está vinculada ao papel e este último invento atribúese a Cai Lun, funcionario da corte china, todo parece apuntar a que a arte da papiroflexia provén de Oriente.

Por todo o dito decidimos vincular este obradoiro ao noso proxecto (Viaxando con Marco Polo), pois este gran aventureiro estivo 17 anos en Catai (China) traballando para o gran Kublai Khan e coñecendo novos inventos que aínda non chegaran a Europa.

Deixámosvos algunhas fotos das xornadas:








Como o obradoiro gustou moitos entre os nenos e nenas, decidimos adquirir un exemplar relacionado:

"Origami para niños" de Mari Ono e Roshin Ono.


mércores, 22 de maio de 2024

Última etapa da viaxe: chegamos a Catai/ China (PDI): coñecemos a cultura chinesa a través da simboloxía do dragón, dos farolillos ou abanicos tradicionais; así como a historia dos papaventos.

 


Nesta última etapa chegamos a Catai (China), onde Marco Polo pasa 17 anos ás ordes do gran Kublai Khan. Deixámosvos un pouco de información para poñervos en contexto.

Educación Infantil estivo investigando máis sobre inventos destas terras de Oriente (papel, as gafas, a tinta china, o carbón para facer baños quentes e para fundir o metal, os fogos artificiais, o sismógrafo, a xilografía...) e fixo, para tal fin, un pequeno xogo en forma de baralla con instruccións para o seu uso.  Ademais, para gardalo e que non se perdera, construiron un pequeno cofre. Todos un artistas!





Tamén se adentraron a comer con palillos chinos, traballando a motricidade fina. E fixérono bastante ben!


Deixámosvos un vídeo para seguir practicando!

Cando remates cos palillos non os tires! Podes facer música con eles!


Por outro lado, os máis pequeniños, recrearon un ger, a vivenda tradicional mongol. Olla máis información nesta imaxe, ubicada no libro de "Gerónimo Stilon tras los pasos de Marco Polo".



1º e 2º estivo creando un dragón chino articulable en equipo a través das súas propias mans.

O dragón é considerado, en China, como un símbolo da sorte e portador da riqueza. Ademais é considerado como un dos catro animais mitolóxicos máis intelixentes, xunto o fénix ou o unicornio.

Agardamos que lles transmita toda a sorte do mundo!


Deixámosvos máis sobre o significado deste animal mitolóxico!



3º e 4º estivo creando fermosos abanicos pai-pais. E é que o abanico é un invento da antiga China. Ao comezo, era simples dispositivos que se empregaban para alivar a calor e consistían en follas de palma ou plumas que suxeitaban a un marco. Co tempo, cada cultura foino adoptando e adaptando ao seu propio estilo. 






5º e 6º estiveron creando os seus propios farolillos chinos como representación do festival dos farois, tradicional da cultura chinesa.

Deixámosvos un vídeo para coñecer máis sobre esta tradición: