Para celebrar a "Semana da prensa", ademais de traballar o formato noticia e entrevista nas diferentes aula, tamén estivemos desfrutando da lectura do xornal o Papagaio e das revistas Leo Leo, Reportero Doc e Caracola. Para iso, repartimos varios exemplares por aula para ler ao longo da semana, despois do recreo.
Para anunciala creamos, coa a axuda dos biblioaxudantes, un pequeno anuncio radiofónico que emitimos dende a megafonía do centro.
Escoita premendo na imaxe:
Os biblioaxudantes tamén foron reporteiros por un día e entrevistaron aos máis pequenos sobre os oficios e a igualdade. Fíxonos pensar moito esta montaxe! Escoitade porque merece moito a pena! Inspirámonos na seguinte proposta (pica aquí para visualizar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario