mércores, 3 de abril de 2024

Primeira parada da viaxe (Venecia_PDI): viaxe gastronómico co ristorante Bambini, museo das especias, a historia do Entroido veneciano, medios de transporte de onte e de hoxe.

 

A nosa primeira parada foi Venecia, o lugar onde naciu o aventureiro Marco Polo e onde iniciou a súa viaxe.

Para coñecer un pouquiño máis Venecia e a súa cultura, cada clase, embarcouse nas misións que lle encomendaran os bibliotrisquis. 

Tras facer as pescudas, cada aula compartiu os seus coñecementos e buscas.

EDUCACIÓN INFANTIL

Educación Infantil estivo investigando sobre a gastronomía italiana e, para iso, creou un restaurante (Ristorante Bambini). Fixeron un anuncio que puxemos por megafonía para anunciar a súa apertura e ata, os máis pequenos, se atreveron con algunha palabra en italiano. 

PICA na imaxe para escoitar o seu ANUNCIO!

Tamén cociñaron as propias pizzas e montaron as mesas para cando chegaran os clientes.



Por suposto sempre houbo alguén na caixa para cobrar e para tocar a campá (se había propina). 


Tamén tiñan o seu propio "forno di pietra":



O resto de nenos e nenas do colexio acudiron a probar as pizzas e levaron o seu propio diñeiro. Finalmente deixaron as súas reseñas sobre o servizo e a calidade do restaurante.


1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A clase de primeiro e segundo estivo investigando sobre os medios de transporte de Venecia (actualmente e na época de Marco Polo). Para iso servíronse do seguinte libro, que proporcionamos dende a Biblioteca Escolar.

A exposición foi todo un éxito. A través do libro os nenos e nenas desta clase fóronnos contando todas as curiosidades que aprenderon sobre os medios de transporte venecianos. 



Tamén vimos a forma que ten Venecia dende arriba:


Quedamos moi sorprendidos co fenómeno "Acqua Alta":



Sen dúbida, a exposición foi moi aplaudida!


3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos e nenas de 3º e 4º curso estiveron investigando sobre o famoso Entroido de Venecia. Na súa exposición, moi completa e cun mural precioso, faláronnos da súa orixe, dos tipos de máscaras e de moitístimas curiosidades.



Aprendimos moitos sobre os tipos de máscaras:






E para acabar esta exposición tan ben preparada nada como algo doce: os fritelle. A degustación foi todo un acerto! Agradecementos especiais á familia colaboradora coa receita!




5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Os máis maiores do colexio estiveron investigando sobre diferentes especias que se comerciaban na época de Marco Polo a través da ruta da Seda. Desde a Biblioteca adquirimos o seguinte atlas ilustrado, para axudarlles nas súas pesquisas.



Para iso fixeron unhas buscas moi completas na nosa Biblioteca Escolar e logo plasmaron todo nuns carteis informativos para o museo. Estes últimos realizáronos nun programa de deseño (Canva).
Foi, sen dúbida, unha bo empuxón á alfabetización dixital e á competencia TIC.




Aquí podedes ver os carteis resultantes e coñecer máis sobre a orixe, as características e usos destas especias:




Finalmente o alumnado creou o museo das especias axudada pola mestra, que lle conseguiu as diferentes especias.

E tamén incluimos, a maiores, herbas aromáticas, que desprenden un olor moi característico (perexil, herba luísa, albahaca, tomillo de limón, tomillo de normal..).
Durante a exposición, o alumnado asistente (doutras clases) tivo a oportunidade de tocar e ulir as diferentes especias e herbas aromáticas.



Posteriormente participaron nun memory de especias:


Deixámosvos o pdf co memory creado para tal ocasión. Arrastra na barra lateral dereita da imaxe ou abre na esquina superior dereita.


E tamén puxeron a proba o sentido do olfato, ulindo e emparellando diferentes botes que contiñan especias e herbas aromáticas vistas na exposición.



Sen dúbida foi unha grata experiencia na que todos aprendimos algo novo sobre as especias. Aínda que os maiores estaban algo nerviosos ao principio, e exposición agradou ao público.






Aproveitamos tamén esta xuntaza no museo para ensinar a maqueta da cidade de Venecia que realizou na biblioteca parte do alumnado de 5º e 6º.


Ningún comentario:

Publicar un comentario