mércores, 18 de outubro de 2023

Día das escritoras 2023

Este ano celebrouse o día das escritoras o 17 de outubro. 

Ao longo da historia foron moitas as mulleres escritoras e galegas que viron silenciada a súa obra por non estar ben visto pola sociedade ou por infravalorar os seus escritos polo feito de ser muller e non home. Inxustizas que se cometeron e que hoxe rememoramos para que non volte suceder.

Reclamamos a igualdade tamén no mundo das letras e, para iso, rendemos homenaxe a tantas mulleres que se abriron paso neste mundo.

Algunha delas foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán; ou máis actuais como Fina Casalderrey, Paula Carballeira, Antía Yáñez, María Canosa ou Ledicia Costas.

Os máis maiores do colexio estiveron traballando e coñecendo máis a algunha destas autoras. Descubriron á coruñesa Emilia Pardo Bazán, así como libros de escritoras galegas que temos na nosa biblioteca.

Tamén animamos, como reto dirixido a todos os cursos, a descubrir creadoras de cómic en galego. A maior parte da banda deseñada que contamos é de autores masculinos. As mulleres non escriben en formato cómic? Aí vai o reto para reflexionar.



A maiores deixámosvos este videoxogo feito polo CEIP Lamas de Abade, que nos gustou tanto. Pon a proba os teus coñecementos sobre escritoras galegas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario