Dende a Biblioteca Escolar xa temos o noso expositor preparado para o outono e para as festas que trae esta estación de man: o Magosto e o Samaín!
Para traballar esta esta do ano adquirimos novos exemplares:
- Vamos a buscar setas, da autora Mia Cassani. Un conto que gustou especialmente polas coidadas e vivas ilustraccións de Kalandraka.
- El tesoro de otoño, da escritora Ángela Ferraro- Fanning e do ilustrador Anneliesdraws. Un libro de receitas, manualidades e consellos para gozar do outono.
- Novembro, de Marcos Iglesias e Lucía Barrios (edición en galego). Nel relátase como Carlos vai coñecendo as tradicións que enmarcan este mes, dende o día dos defuntos ata a creación dun colar de zonchos/castañas. Como indica a sipnosis do libro: "Novembro é un conto sobre a superación de medos que combina habilmente o agarimo ás tradicións sen deixar de abrirse a novos costumes. É un relato divertido pero profundo, no que os nenos poderán descubrir diversas mensaxes de acordo á madurez emocional".
Tamén estivemos traballando con Infantil un libro que xa é un clásico: Xan e as landras, de Tim Boyle. Trátase dun conto encadeado que, sen dúbida, mantén ben atentos aos máis pequenos.
Deixámosvos o contaconto da Rede de Bibliotecas do Grove:
Por último deixámosvos un adianto dun dos xogos que protagonizarán a festa do Magosto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario