DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
O día 30 de xaneiro celébrase o día da paz e da non violencia coa finalizar de concienciar ao alumnado sobre os valores e comportamentos que lles permitan desenvolverse adecuadamente na sociedade. Ademais todo o alumnado do centro realizou unha coreografía e cantaron sobre a paz coa especialista de música Sara.
Seguindo a temática da P.D.I "sementando a paz" realizamos decoración das macetas con simboloxía que o alumnado entende por "paz".
Tamén realizamos un obradoiro na biblioteca e falamos sobre condutas violentas física e verbais e como evitalas ( relaxación etc, mediación no centro escolar) e tratar ben aos compañeiros/as.
A Carreira pola Paz celebrarémola, coma sempre, en canto a choiva nos regale unhas horiñas de pausa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario