NOVA ZONA DE RECOMENDACIÓNS
Na biblioteca escolar estamos de estrea! Inauguramos unha nova zona de recomendacións lectoras, pensada para achegar ao alumnado lecturas variadas, atractivas e adaptadas aos seus intereses.
Esta nova sección nace coa intención de fomentar o hábito lector de maneira activa e participativa. Por iso, contamos coa colaboración dos nosos axudantes da biblioteca, que contribuíron na selección dalgúns dos títulos expostos. Foron eles e elas quen, coñecendo os gustos das compañeiras e compañeiros, achegaron propostas que xa están a chamar a atención de moitos lectores. Porque ler é un pracer que medra cando se comparte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario