Educación Infantil escolleu para tal motivo un dos traxes tradicionais chinos. E ata levaron un pequeno verme de seda facendo un guiño á ruta da Seda; así como a Marco Polo.
1º e 2º deixáronos impresionados de gondoleros. Ata levaron as súas góndolas ao desfile polo pobo. Sen dúbida, un bo guiño ao lugar natal de Marco Polo (Venecia).
3º e 4º trasladáronos a un baile de máscaras veneciano. Este ano, ademais, o entroido de Venecia está adicado á figura de Marco Polo. Sabíalo?
5º e 6º sorprenderon cun gran dragón chino, no cal amosaron ter unha gran coordinación no seu paso polas rúas de Buño. E é que China, antiga Catai, foi o lugar no que Marco Polo, ao servizo de Kublai Khan, traballou un montón de anos informando sobre todos os lugares do gran imperio.
Deixámosvos un resumo en vídeo da xornada, entre o que se inclúe a creación e a queima da Mikaeliña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario