sábado, 22 de xuño de 2024

Acto de peche da biblioteca!

 A semana pasada celebramos o acto de peche da nosa biblioteca. 

Nel estivemos repartindo uns pequenos agasallos aos biblioaxudantes deste ano. Escollemos, para iso, pequenas libretas do Principiño e de Mafalda xunto cuns marcapáxinas magnéticos con frases especiais. Fixemos iso facendo un guiño ao mundo literario e esperando que lle gustaran.



Tamén agasallamos á premiada deste ano no concurso de cómic, que resultou ser de 1º e 2º. Na súa banda deseñada inspirouse nunha historia real que lle ocorrera no acuario. Realmente cómica!

Agasallámola cun cómic en galego que nos parece ideal. Agardamos que lle gustara.


Tamén entregamos uns diplomas personalizados os máis pequenos, por amosar que son grandes amantes dos libros. Neles recollemos os libros que foron lendo ao longo do curso.


Por último fixemos un repaso pola nosa viaxe con Marco Polo e os bibliotrisquis! Que ben o pasamos!

Deixámosvos un pequeno resumo da vida de Marco Polo, por se aínda descoñeces detalles da súa viaxe!



Ningún comentario:

Publicar un comentario