venres, 6 de xuño de 2025

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 


DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Dentro das actividades relacionadas coa educación ambiental e a participación da comunidade educativa, realizamos unha xornada moi especial que contou coa colaboración das familias.

 Elaboramos adornos florais con materiais naturais, promovendo a creatividade e o respecto polo medio. 



Ademais, previamente organizamos un paseo para gozar da contorna, durante o cal realizamos unha recollida de lixo, contribuíndo á limpeza e coidado do espazo común. e para recoller flores silvestres.

Ao remate, compartimos un momento para conversar sobre o medio ambiente, reflexionando conxuntamente sobre a importancia de preservar a natureza e actuar de forma responsable.







venres, 30 de maio de 2025

NOVIDADES LECTORAS

 


NOVIDADES LECTORAS

Chegan máis novidades á biblioteca escolar! 

E lembra: as túas suxestións tamén contan, así que se botas en falta algún título... ¡dínolo!

"Porque ler é unha viaxe que nunca remata, e cada libro novo é unha oportunidade de seguir soñando, aprendendo e medrando"











mércores, 14 de maio de 2025

OBRADOIRO: XESTORES URBANÍSTICOS DO PROXECTO TERRA



PROXECTO TERRA

O día 14 de maio acudiron ou centro as inspectoras urbanísticas do Proxecto Terra, esta proposta busca fomentar o coñecemento do territorio galego.

As actividades, que se desenvolveron na biblioteca escolar, teñen como finalidade achegar ao alumnado á realidade do seu entorno, descubrindo os elementos que conforman o territorio, a paisaxe e a contorna máis próxima. Preténdese así transmitir, desde as primeiras etapas educativas, a importancia de coidar e valorar un territorio que é patrimonio común de toda a cidadanía.





Neste enlace podedes ver o contido deste obradoiro.

luns, 12 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS

 



LETRAS GALEGAS 

Este ano as letras galegas son adicadas as cantareiras e a poesía popular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.

Este homenaxe tiña como finalidade poñer en valor e recoñecer o importante labor realizado por estas mulleres que, a través das súas voces e das súas cantigas, foron as auténticas gardiás da nosa lingua e cultura popular. A tradición oral que elas conservaron e transmitiron foi clave para manter viva a identidade do noso pobo ao longo do tempo. Porque non hai un pobo máis vivo que aquel que canta o que lle acontece, que transforma a vida cotiá en canción e memoria compartida

Ao longo da semana das Letras Galegas, nas aulas de Infantil e Primaria leváronse a cabo diferentes actividades centradas nesta temática. En concreto, investigamos e traballamos a figura das cantareiras, afondando na súa historia, nos seus cantos e na importancia que tiveron para a cultura galega. Fixémolo mediante propostas didácticas variadas, moitas delas inspiradas nos materiais do Seminario Galán, adaptadas aos diferentes niveis do alumnado.





Ademais, fixemos unha saída a Malpica, para asistir a unha actuación en directo dunha cantareira. Esta actividade permitiunos vivir en primeira persoa a forza da música tradicional galega, escoitando e participando activamente nos seus ritmos e nas súas letras. Foi unha experiencia moi enriquecedora que favoreceu a conexión do alumnado coa tradición oral de maneira vivencial.


Desde a biblioteca do centro escolar, facilitáronse numerosos recursos para traballar esta conmemoración: libros, contos, poesías, cancións e actividades complementarias que permitiron que o Día das Letras Galegas estivese presente en todas as aulas. Grazas
 a este material, o alumnado puido achegarse á figura das cantareiras de forma lúdica e reflexiva.

O día 16 de maio, tivemos a honra de recibir no centro a visita de varias cantareiras. 

O alumnado do último ciclo preparou entrevistas para coñecer máis de preto a súa historia, o seu traballo, as súas experiencias e a súa dedicación á música tradicional. Máis tarde, sorprenderon a todo o centro cunha actuación que fixo vibrar a escola enteira. Moitos nenos e nenas acompañaron as interpretacións con instrumentos que trouxeron da casa, como cunchas, pandeiretas ou mesmo frautas, creando así un ambiente festivo e moi emotivo que puxo o broche de ouro a unha semana chea de aprendizaxes e emocións.

Vídeo do día das letras galegas.





venres, 2 de maio de 2025

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA, O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO

 



DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio celebrase a conmemoración contra o acoso escolar e na biblioteca realizamos unha selección de libros e contos sobre a temática.

Dende a biblioteca escolar, realizamos unha selección de vídeos-cortos de animación para entender as consecuencias do acoso escolar. 

Ademais podedes escoitar dous audios das lecturas que realizaron os "bibliotecos". Os contos seleccionados foron "guapa" e "invisible"


luns, 21 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

 



SEMANA DO LIBRO

Esta semana celebramos a semana do libro. Como todos os anos realizamos apadriñamentos lectores entre alumnado. Podedes ver aquí un vídeo das lecturas da semana.

Os maiores seleccionan un conto e busca un recanto do centro para realizar á lectura. É unha gran experiencia xa que os pequenos desfrutan da compañía dos maiores e os mais maiores síntense na responsabilidade de transmitir a historia.

Ademais o alumnado realizaou marcadores lectores para as portas.


luns, 7 de abril de 2025

DÍA DA SAÚDE

 



DÍA DA SAÚDE

Na nosa biblioteca escolar realizamos lecturas de contos para mellorar a nosa saúde. FOTO

Aproveitando que o día 7 de abril celébrase “O Día mundial da Saúde”, o noso mestre de educación física organizou un obradoiro de primeiros auxilios que nos axudarán a intervir en determinadas ocasións así como técnicas específicas como a manobra de Heimlich ou a Respiración Cardiopulmonar (RCP). Ademais, explicouno que facer para ter unha boa saúde.

Aquí podedes ver un vídeo das actividades realizadas.

mércores, 2 de abril de 2025

BIBLIOTECA ESCOLAR Á ESCEA: TEATRO FAMILIAR

 



TEATRO FAMILIAR "A RATIÑA PRESUMIDA"


Hoxe na biblioteca escolar puidemos ver unha un conto teatralizado por parte dunha nai e dous alumnos do centro. " A ratiña presumida".

Podedes ver algunhas imaxes da obra de teatro que nos encantou!







O alumnado de infantil quedou tan abraiado que quixo representala na aula, cambiar persoaxes e incluso cambiar o final! Foi moi divertido ser actores de teatro por un día!


luns, 10 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

 




SEMANA DA PRENSA

Con motivo da semana da prensa o noso alumnado realizou un xornal con diferentes seccións que poderedes ver.Para inspirarse pudieron profundizar nas lecturas do xornal Papagaio ao que o centro está subscrito.

Aproveitamos o semana da prensa para fomentar o consumo responsable é conmemoramos o día dos dereitos do consumidor no venres 14 de marzo. 

Por outra banda, realizamos varias actividades que podedes ver aquí:

Contamos coa presencia dun periodista radiofónico que no explicou en que consiste o seu traballo e puidemos realizarlle algunhas preguntas a modo de entrevista ao periodista da COPE Israel Remuiñán Seoane.

Tamén contamos coa presenza de Miguel Rey, un dos adestrador da Seleción Galega de Tenis de mesa. Este foi entrevistado polo alumnado de 4º, 5º e 6º, os que posteriormente gozaron dunha Master Class deste deporte. Finalmente, xunto cun dos xogadores senior do clube que adestra, realizaron unha exhibición para todo o alumnado do colexio. Neste enlace á web de centro, podedes ver a xornada.



luns, 3 de marzo de 2025

DÍA DA MULLER

 




Para conmemorar o Día da Muller, realizamos na biblioteca escolar unha coidada selección de libros e biografías centradas en figuras femininas relevantes.

O alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou unha exposición sobre mulleres destacadas en diferentes ámbitos profesionais, que foi presentada ao resto do centro.

Ademais, dende o 6 de marzo e durante unha semana, a biblioteca acolleu unha exposición itinerante grazas á colaboración da Asociación Visibles. Esta mostra incluíu unha selección de libros que abordan temas como o bo trato entre iguais, o consentimento, os coidados, a diversidade e a sexualidade, fomentando así a reflexión e o respecto desde unha perspectiva inclusiva e educativa.





A exposición “Sen Elas Non Hai Cosmos” busca visibilizar o papel fundamental das mulleres no eido da ciencia e da exploración espacial, poñendo en valor as súas achegas nun ámbito historicamente marcado pola desigualdade e a escasa recoñecemento do seu traballo fronte ao dos homes.












Agradecemos sinceramente á asociación o seu compromiso e a posta en marcha de iniciativas tan valiosas para a nosa comunidade educativa.

Podedes ver, neste enlace a web do noso centro, a exposición. Vídeo da exposición






luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALIA

 


DÍA DE ROSALIA

O 23 de febreiro conmemoramos a unha das escritoras galegas máis importantes: Rosalía de Castro.

Dende a biblioteca escolar escoitamos poemas de Rosalía e preparamos lecturas para o alumnado.

Rosalia de Castro resaltou a importancia da historia, tradición e lingua de Galicia e tamén da súa natureza. Por iso dende a biblioteca organizamos unha actividade vencellada á P.D.I: Realizamos unha figueira entre todo o alumnado e puxeron estrofas de poemas de Rosalia.







Neste enlace podedes ver a figueira é un poema cantado pola nosa alumna.


luns, 10 de febreiro de 2025

CHARLA SAHARA

 


CHARLA SAHARA

O alumnado asistiu a unha charla sobre os campamentos de refuxiados saharauís. Aprendemos como viven, porqué son refuxiados e cales son os seus costumes. A asociación propúxonos facer unha actividade e realizar cartas que levaría unha voluntaria.




xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 



DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


O día 30 de xaneiro celébrase o día da paz e da non violencia coa finalizar de concienciar ao alumnado sobre os valores e comportamentos que lles permitan desenvolverse adecuadamente na sociedade. Ademais todo o alumnado do centro realizou unha coreografía  e cantaron sobre a paz coa especialista de música Sara.

Seguindo a temática da P.D.I "sementando a paz" realizamos decoración das macetas con simboloxía que o alumnado entende por "paz". 

Tamén realizamos un obradoiro na biblioteca e falamos sobre condutas violentas física e  verbais e como evitalas ( relaxación etc, mediación no centro escolar) e tratar ben aos compañeiros/as.



A Carreira pola Paz celebrarémola, coma sempre, en canto a choiva nos regale unhas horiñas de pausa!




venres, 24 de xaneiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 



DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Para conmemorar o Día Internacional da Educación (24 de xaneiro)  realizamos unha actividade vencellada á P.D.I de centro. " Sementando educación".

Realizamos a entrega ao alumnado dunha folla con sementes para poder ser plantada na casa cas familias. 

Dende o centro escolar entendemos a necesidade da relación familia-escola para que esas sementes que plantamos nos nosos alumnos e alumnas  crezan con forza.




mércores, 15 de xaneiro de 2025

NOVIDADES LECTORAS

 


NOVIDADES LECTORAS!


Estamos moi ilusionados/as por compartir con vós que xa están dispoñibles as novidades lectoras deste trimestre na nosa biblioteca escolar. Incorporamos unha ampla selección de libros pensada para todos os gustos e idades: dende contos ilustrados ata novelas xuvenís, pasando por cómics, libros de divulgación e lecturas en inglés.

Estas novidades veñen acompañadas de moitas sorpresas e descubrimentos que seguro espertarán a curiosidade do noso alumnado.