luns, 12 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS

 



LETRAS GALEGAS 

Este ano as letras galegas son adicadas as cantareiras e a poesía popular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.

Este homenaxe tiña como finalidade poñer en valor e recoñecer o importante labor realizado por estas mulleres que, a través das súas voces e das súas cantigas, foron as auténticas gardiás da nosa lingua e cultura popular. A tradición oral que elas conservaron e transmitiron foi clave para manter viva a identidade do noso pobo ao longo do tempo. Porque non hai un pobo máis vivo que aquel que canta o que lle acontece, que transforma a vida cotiá en canción e memoria compartida

Ao longo da semana das Letras Galegas, nas aulas de Infantil e Primaria leváronse a cabo diferentes actividades centradas nesta temática. En concreto, investigamos e traballamos a figura das cantareiras, afondando na súa historia, nos seus cantos e na importancia que tiveron para a cultura galega. Fixémolo mediante propostas didácticas variadas, moitas delas inspiradas nos materiais do Seminario Galán, adaptadas aos diferentes niveis do alumnado.





Ademais, fixemos unha saída a Malpica, para asistir a unha actuación en directo dunha cantareira. Esta actividade permitiunos vivir en primeira persoa a forza da música tradicional galega, escoitando e participando activamente nos seus ritmos e nas súas letras. Foi unha experiencia moi enriquecedora que favoreceu a conexión do alumnado coa tradición oral de maneira vivencial.


Desde a biblioteca do centro escolar, facilitáronse numerosos recursos para traballar esta conmemoración: libros, contos, poesías, cancións e actividades complementarias que permitiron que o Día das Letras Galegas estivese presente en todas as aulas. Grazas
 a este material, o alumnado puido achegarse á figura das cantareiras de forma lúdica e reflexiva.

O día 16 de maio, tivemos a honra de recibir no centro a visita de varias cantareiras. 

O alumnado do último ciclo preparou entrevistas para coñecer máis de preto a súa historia, o seu traballo, as súas experiencias e a súa dedicación á música tradicional. Máis tarde, sorprenderon a todo o centro cunha actuación que fixo vibrar a escola enteira. Moitos nenos e nenas acompañaron as interpretacións con instrumentos que trouxeron da casa, como cunchas, pandeiretas ou mesmo frautas, creando así un ambiente festivo e moi emotivo que puxo o broche de ouro a unha semana chea de aprendizaxes e emocións.

Vídeo do día das letras galegas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario