martes, 30 de abril de 2024

De viaxe con Marco Polo (PDI). Recorremos o deserto do Gobi coñecendo a flora e a fauna, distinguimos pedras preciosas e coñecemos o ecosistema desértico.

 

Nesta segunda etapa da viaxe atravesaremos o longo deserto do Gobi. Para non perdernos, os máis pequenos (EI) elaboraron un mapa coa ruta. Con el puidemos traballar xeografía e identificar diferentes culturas, traxes tradicionais, animais e vivendas.










1º e 2º estivo estudando o ecosistema desértico a través do deserto do Gobi. Para reforzar isto creou un minimundo onde puidemos ver incluso a Marco Polo. Olla!






Algúns tamén se animaron a facer  debuxos por iniciativa propia:



3º e 4º de Educación Primaria adentrouse no mundo das pedras preciosas. Ollade o cofre e as pedriñas tan bonitas que fixeron! Así dá gusto falar de minerais e da ruta da Seda.

E é que Marco Polo, de camiño a China (Catai), pasou por Badajshán (Afganistán). Ese era un lugar moi importante para os mercaderes da época, pois das montañas obtiñan xemas moi valiosas: rubís, zafiros, lapislázulis...





5º e 6º de Educación Primaria estivo investigando sobre a flora e fauna dos desertos. Para iso fixeron tres presentacións ben bonitas. Podes velas no seguinte PDF!

PICA na barra dereita de cada PDF para visualizalo ou pica na esquina superior dereita de cada un.






Deixámosvos un exemplo en formato vídeo:



Mercado benéfico a favor da protectora "O legado de Max"!


 Esta semana celebramos a III edición do Mercado Benéfico da Biblioteca Escolar. Este ano as doazóns foron para a protectora carballesa "O legado de Max".






mércores, 24 de abril de 2024

Día do Libro musical

O 23 de abril foi o Día Internacional do Libro e non queixemos deixalo pasar sen facer unha proposta vencellada a aqueles libros que foron expurgados e descatalogados por atoparse en mal estado. Como cada libro é un tesouro, decidimos darlles unha segunda vida creando actividades arredor deles.

Unha desas actividades fíxose coa colaboración da materia de Educación Musical, inspirándonos na proposta da pedagoga musical María José Sánchez Parra. A peza escollida foi a Marcha Radetzkyde J. Strauss.

Os libros escollidos foron expurgados por mor da humidade, tendo páxinas ilexibles ou rotas. Insistimos no correcto uso dos libros e na excepcionalidade da actividade.

Deixamos unha pequena mostra do ben o pasamos!



luns, 22 de abril de 2024

Apadriñamento lector 2024!

Para celebrar o Día do libro 2024 organizamos un apadriñamento lector, onde os máis maiores leron aos máis pequenos do colexio. Aproveitamos o bo tempo e as áreas verdes do centro para celebralo ao aire libre e foi todo un acerto!

Anímate a ver o vídeo que resume a xornada!

venres, 19 de abril de 2024

Na biblioteca tamén realizamos buscas de información e deseñamos empregando as TIC!

Estes días o alumnado de 5º e 6º visitou a biblioteca para facer buscas en papel pero tamén na rede grazas aos ordenadores de pantalla táctil cos que contamos. Tamén estiveron resumindo a información pescudada e creando uns fermosos carteis sobre as especias que estudaron co programa de edición e diseño Canva. A intención é crear con eses carteis o espazo para o museo das especias!

Ollade as imaxes!



Ollade agora os fermosos carteis resultantes!

mércores, 3 de abril de 2024

Primeira parada da viaxe (Venecia_PDI): viaxe gastronómico co ristorante Bambini, museo das especias, a historia do Entroido veneciano, medios de transporte de onte e de hoxe.

 

A nosa primeira parada foi Venecia, o lugar onde naciu o aventureiro Marco Polo e onde iniciou a súa viaxe.

Para coñecer un pouquiño máis Venecia e a súa cultura, cada clase, embarcouse nas misións que lle encomendaran os bibliotrisquis. 

Tras facer as pescudas, cada aula compartiu os seus coñecementos e buscas.

EDUCACIÓN INFANTIL

Educación Infantil estivo investigando sobre a gastronomía italiana e, para iso, creou un restaurante (Ristorante Bambini). Fixeron un anuncio que puxemos por megafonía para anunciar a súa apertura e ata, os máis pequenos, se atreveron con algunha palabra en italiano. 

PICA na imaxe para escoitar o seu ANUNCIO!

Tamén cociñaron as propias pizzas e montaron as mesas para cando chegaran os clientes.



Por suposto sempre houbo alguén na caixa para cobrar e para tocar a campá (se había propina). 


Tamén tiñan o seu propio "forno di pietra":



O resto de nenos e nenas do colexio acudiron a probar as pizzas e levaron o seu propio diñeiro. Finalmente deixaron as súas reseñas sobre o servizo e a calidade do restaurante.


1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A clase de primeiro e segundo estivo investigando sobre os medios de transporte de Venecia (actualmente e na época de Marco Polo). Para iso servíronse do seguinte libro, que proporcionamos dende a Biblioteca Escolar.

A exposición foi todo un éxito. A través do libro os nenos e nenas desta clase fóronnos contando todas as curiosidades que aprenderon sobre os medios de transporte venecianos. 



Tamén vimos a forma que ten Venecia dende arriba:


Quedamos moi sorprendidos co fenómeno "Acqua Alta":



Sen dúbida, a exposición foi moi aplaudida!


3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos e nenas de 3º e 4º curso estiveron investigando sobre o famoso Entroido de Venecia. Na súa exposición, moi completa e cun mural precioso, faláronnos da súa orixe, dos tipos de máscaras e de moitístimas curiosidades.



Aprendimos moitos sobre os tipos de máscaras:






E para acabar esta exposición tan ben preparada nada como algo doce: os fritelle. A degustación foi todo un acerto! Agradecementos especiais á familia colaboradora coa receita!




5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Os máis maiores do colexio estiveron investigando sobre diferentes especias que se comerciaban na época de Marco Polo a través da ruta da Seda. Desde a Biblioteca adquirimos o seguinte atlas ilustrado, para axudarlles nas súas pesquisas.



Para iso fixeron unhas buscas moi completas na nosa Biblioteca Escolar e logo plasmaron todo nuns carteis informativos para o museo. Estes últimos realizáronos nun programa de deseño (Canva).
Foi, sen dúbida, unha bo empuxón á alfabetización dixital e á competencia TIC.




Aquí podedes ver os carteis resultantes e coñecer máis sobre a orixe, as características e usos destas especias:




Finalmente o alumnado creou o museo das especias axudada pola mestra, que lle conseguiu as diferentes especias.

E tamén incluimos, a maiores, herbas aromáticas, que desprenden un olor moi característico (perexil, herba luísa, albahaca, tomillo de limón, tomillo de normal..).
Durante a exposición, o alumnado asistente (doutras clases) tivo a oportunidade de tocar e ulir as diferentes especias e herbas aromáticas.



Posteriormente participaron nun memory de especias:


Deixámosvos o pdf co memory creado para tal ocasión. Arrastra na barra lateral dereita da imaxe ou abre na esquina superior dereita.


E tamén puxeron a proba o sentido do olfato, ulindo e emparellando diferentes botes que contiñan especias e herbas aromáticas vistas na exposición.



Sen dúbida foi unha grata experiencia na que todos aprendimos algo novo sobre as especias. Aínda que os maiores estaban algo nerviosos ao principio, e exposición agradou ao público.






Aproveitamos tamén esta xuntaza no museo para ensinar a maqueta da cidade de Venecia que realizou na biblioteca parte do alumnado de 5º e 6º.