venres, 20 de decembro de 2024

ADVENTO DE CONTOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 


ADVENTO DE CONTOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


No mes de decembro realizamos unha actividade para fomentar a lectura, a relación familia- escola e o nadal. "Advento de contos"



As/os  profesores leron diferentes contos e revistas sobre nadal, e as familias interesadas puideron participar.

Foi unha actividade moi divertida para todo o alumnado!

Cada un dos contos ademais de centrarse na temática do nadal fomenta diferentes valores. Foi un  éxito!

O día 3 de decembro a lectura "Noche de reyes" os mestres Fernando e Jessica realizaron unha lectura e interpretación a lingua de signos do conto, conmemorando día internacional das persoas con discapacidade. Ao rematar o alumnado aprendeu diferentes signos sobre vocabulario do conto. 

Para sorpresa de todos, diferentes alumnos e alumnas de infantil quixeron compartir cos compañeiros de primaria diferentes signos que aprenderon na clase previamente "tartaruga" "gato"  "amigo" "ben" entre outros.





Dende a lectura que realizou a teacher Ali "Tough cookie" o alumnado estaba emocionado por poder elaborar o seu "cookie". Alén diso, o alumnado de infantil comezou un proxecto de nadal e a elaboraron un "cookie" para a arbore familiar e un "cookie"  para degustar e celebrar os aniversarios do trimestre.




Moitas grazas as familias polas lecturas e  lecturas teatralizadas que realizaron. Estamos desexando repetir outro ano mais!

Bo nadal e feliz ano 2025!


martes, 10 de decembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

 



DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe na biblioteca escolar realizamos unha visualización de cortos sobre os dereitos humanos e falamos sobre os dereitos básicos.



luns, 9 de decembro de 2024

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL

Esta semana visitounos na nosa biblioteca  Carol Strate xinecóloga e sexóloga.

O alumnado asistíu a un obradoiro, adaptado as súas idades, sobre o corpo, a saúde integral.

O profesorado e as familias asistimos a un obradoiro de "Educación sexual en familia" no que abordou a sexualidade como un aspecto integral e natural e subliñando a importancia da familia e o centro escolar na educación sexual e adquisición de ferramentas para axudar o alumnado.

Grazas á Asociación visibles por ofrecer estes obradoiros!




mércores, 4 de decembro de 2024

CONCURSO CARTEL DE NADAL

 





CONCURSO CARTEL DE NADAL


O día 4 fíxose no centro entrega do premio "Concurso cartel de Nadal" organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños.

Grazas a todo o alumnado por participar e parabéns á premiada!


sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse 

nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento 

do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e 

eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso 

progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo 

tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e 

da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas 

bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só. 

Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material".

 

Felipe Criado-Boado 


Este mes, na biblioteca, os Bibliotrisquis propuxéronnos unha serie de retos co obxectivo de espertar a curiosidade e fomentar nas nenas e nenos as ganas de experimentar e coñecer o mundo que os rodea.

Partindo do método científico —observación, formulación de hipóteses, experimentación, análise e conclusión— comezamos a desenvolver distintas actividades co alumnado.

Entre os experimentos realizados, elaboramos un fluído non newtoniano para observar as súas propiedades, plantamos fabas en distintas condicións (con auga, sen auga, nun armario, xunto a unha ventá, etc.) para analizar como inflúen no seu crecemento, e o alumnado de 5º e 6º de primaria investigou o funcionamento dos pulmóns.



VÍDEO SOBRE DOS EXPERIMENTOS.










venres, 29 de novembro de 2024

CHARLA-OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

 




CHARLA- OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS


Hoxe día 29 de novembro realizouse na biblioteca un obradoiro- charla sobre os primeiros auxilios coa colaboración ca nosa ANPA Xaviña. Moitas grazas pola vosa iniciativa!

María, enfermeira de profesión, explicounos que son os primeiros auxilios e adaptou os obradoiros os niveis do alumnado. Explicou cal é o número de emerxencias, e diferentes estratexias de emerxencia. Ademais agasallounos con diferentes contos.

Foi un curso moi interesante e dinámico!





xoves, 28 de novembro de 2024

SESIÓN DE CONTOS TEATRALIZADA

 






SESIÓN DE CONTOS TEATRALIZADA 

Hoxe na bilioteca tivemos un espectáculo agasallo da federación galega de ANPAS e colaboración coa nosa ANPA Xavinha. Este teatro foi feito da man de "Pérez e Férnandez"

 Nesta sesión de contos teatralizada titulada "Rosa e azúl" o alumnado desfrutou dunha obra na que celebra a diversidade, mesturando historias con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, ao amor a tolerancia a diversidade. 

Foi un éxito, alumnos e profesorado quedamos abraiados!




luns, 25 de novembro de 2024

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 



DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro realizamos na biblioteca escolar unha actividade para concienciar sobre a existencia da violencia de xénero.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria elaboraron unhas esceas teatralizadas sobre a violencia de xénero, as súa explicación e consecuencias.

Todo o alumnado estivo moi atento e creouse un debate sobre esta temática. Ademáis aprenderon diferentes termos e a súa explicación como son: "Red flag" que se usa para indicar unha sinal de alerta a unha conducta ou actitud negativa. "Gaslighting" ou "ghosting" que son dous tipos de manipulación emocional.






venres, 22 de novembro de 2024

CHARLA SOBRE DIABETES

 

CHARLA SOBRE DIABETES

Hoxe na biblioteca escolar realizouse unha charla sobre a diabetes.

Durante a charla o alumnado recibiu formación teórica sobre esta enfermidade crónica, resaltando os aspectos clave da devandita enfermidade. Ao final, todos os presentes destacamos pautas para a detección dunha hiperglucemia e unha hipoglucemia, deixando claro o protocolo para seguir polos nenos/as de presentarse o caso.








mércores, 20 de novembro de 2024

DEREITOS DA INFANCIA

 

DEREITOS DA INFANCIA


Hoxe celébrase o Día internacional dos dereitos da infancia. "Os bibliotecos" realizaron a lectura do conto "Tengo derecho a ser niño" de Aurélia Fronty.

A través deste conto, os nenos e nenas descobren un texto poético cargado de emotividade e con ilustracións preciosas.




luns, 4 de novembro de 2024

NOVA ZONA DE RECOMENDACIÓNS

 



NOVA ZONA DE RECOMENDACIÓNS

Na biblioteca escolar estamos de estrea! Inauguramos unha nova zona de recomendacións lectoras, pensada para achegar ao alumnado lecturas variadas, atractivas e adaptadas aos seus intereses.

Esta nova sección nace coa intención de fomentar o hábito lector de maneira activa e participativa. Por iso, contamos coa colaboración dos nosos axudantes da biblioteca, que contribuíron na selección dalgúns dos títulos expostos. Foron eles e elas quen, coñecendo os gustos das compañeiras e compañeiros, achegaron propostas que xa están a chamar a atención de moitos lectores. Porque ler é un pracer que medra cando se comparte!




mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN

 

SAMAÍN 


Na biblioteca celebramos a festa máis terrorífica do ano: o Samaín!

Os biblioaxudantes ou "bibliotecos" ,como lles gusta ser chamados, fixeron unha selección de contos ca temática do Samaín que deixamos expostos na entrada da biblioteca para todo o alumnado.





Ademais, celebramos varios obradoiros: cociña monstruosas, maquillaxe de medo, bailes atrevidos, xogos de mesa terroríficos e concurso de cabazas.






Grazas á colaboración das familias por participar no concurso de cabazas e por recoller as sementes das mesmas! Realizaremos varias actividades relacionadas co noso P.D.I "A alegría da horta".

Aquí podedes ver un video das actividades!

FESTA DO SAMAIN


luns, 28 de outubro de 2024

ESTAMOS DE VOLTA!

 

 

ESTAMOS DE VOLTA!

A biblioteca está en marcha, dende o mes de setembro, para seguir creando ilusión e fomentar o amor pola lectura. Seguimos con forza co noso lema “os libros son tesouros”.

O 24 de outubro celebramos o día da Biblioteca Escolar e aproveitamos para recordar a importancia de visitar a biblioteca escolar pero tamén a necesidade de coidar entre todos/as os libros e xogos de mesa que se atopan dentro.  

Nesta presentación podedes ver todas as actividades que fixemos na biblioteca!

 

 

Como este día é tan importante, o bibliotrisqui morado aproveitou para facer a súa presentación no cole.

Este é o video presentación do bibliotrisqui e da nova P.DI.!

 


sábado, 22 de xuño de 2024

Recomendacións lectoras para un verán de ensoño!


Os bibliotrisquis da biblioteca de Buño deséxanche un verán incrible! Un verán para xogar, ir á praia, compartir momentos coa familia e cos amigos....pero tamén un verán para ler e vivir aventuras!

Esta só é unha selección. Recordade que nas bibliotecas municipais e nas librarías sempre vos poden aconsellar e dar máis ideas.

Aquí van as bibliotrisquideas (edición verán 2024)!

Recorda ir picando e arrastrando a barra lateral da dereita do documento para ir vendo as diferentes seccións. Están ordenados por idades! Tamén podes velo en grando picando na esquina superior dereita.

Acto de peche da biblioteca!

 A semana pasada celebramos o acto de peche da nosa biblioteca. 

Nel estivemos repartindo uns pequenos agasallos aos biblioaxudantes deste ano. Escollemos, para iso, pequenas libretas do Principiño e de Mafalda xunto cuns marcapáxinas magnéticos con frases especiais. Fixemos iso facendo un guiño ao mundo literario e esperando que lle gustaran.



Tamén agasallamos á premiada deste ano no concurso de cómic, que resultou ser de 1º e 2º. Na súa banda deseñada inspirouse nunha historia real que lle ocorrera no acuario. Realmente cómica!

Agasallámola cun cómic en galego que nos parece ideal. Agardamos que lle gustara.


Tamén entregamos uns diplomas personalizados os máis pequenos, por amosar que son grandes amantes dos libros. Neles recollemos os libros que foron lendo ao longo do curso.


Por último fixemos un repaso pola nosa viaxe con Marco Polo e os bibliotrisquis! Que ben o pasamos!

Deixámosvos un pequeno resumo da vida de Marco Polo, por se aínda descoñeces detalles da súa viaxe!



Os recunchiños da nosa biblioteca!

Esta semana deixáronse ver algúns dos nosos bibliotrisquis. Son uns seres silenciosos que andan de libro en libro e non sempre andan á vista. Que ilusión nos fixo!

Deixámosvos foto dalgún dos recunchiños da nosa humilde biblioteca!

Zona de Infantil (prelectores): bibliotrisqui azul.





Zona de 1º e 2º (primeiros lectores): bibliotrisqui vermello.



Zona de 3º e 4º (lectores autónomos): bibliotrisqui verde.
Zona de 5º e 6º ( lectores expertos): bibliotrisqui vermello.




Zona para consultar e investigar sobre calquera tema (bibliotrisqui lila):




Zona de xogos e teatro de títeres:






A maiores diso tamén temos a nosa zona de novidades, a zona de xornais e revistas, a zona das coleccións, zona para suxerencias e zona TIC.