mércores, 25 de outubro de 2023

Día da Biblioteca Escolar

 

Este 24 de outubro celebramos o día da Biblioteca Escolar no noso centro. Para iso, no acto, levamos a cabo as seguintes actividades:

-> Descubrimos o lema deste ano das Bibliotecas Escolares de Galicia, relacionado coa banda deseñada.

-> Recordamos os mimos que deben recibir os libros da biblioteca.

-> Fixemos entrega das mochilas viaxeiras, que percorrerán todos os fogares ao longo do curso.

-> Vimos un vídeo moi emotivo sobre o significado da biblioteca para moitos dos biblioaxudantes e para algunhas das mestres que se animaron a participar.

-> Realizamos un pequeno colgador para os nosos momentos de lectura.




Colgadores para os nosos momentos de lectura!


Con motivo do Día da Biblioteca Escolar, o alumnado recortou e creou uns colgadores moi especiais para que nada lles impida viaxar polos libros!



mércores, 18 de outubro de 2023

Día das escritoras 2023

Este ano celebrouse o día das escritoras o 17 de outubro. 

Ao longo da historia foron moitas as mulleres escritoras e galegas que viron silenciada a súa obra por non estar ben visto pola sociedade ou por infravalorar os seus escritos polo feito de ser muller e non home. Inxustizas que se cometeron e que hoxe rememoramos para que non volte suceder.

Reclamamos a igualdade tamén no mundo das letras e, para iso, rendemos homenaxe a tantas mulleres que se abriron paso neste mundo.

Algunha delas foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán; ou máis actuais como Fina Casalderrey, Paula Carballeira, Antía Yáñez, María Canosa ou Ledicia Costas.

Os máis maiores do colexio estiveron traballando e coñecendo máis a algunha destas autoras. Descubriron á coruñesa Emilia Pardo Bazán, así como libros de escritoras galegas que temos na nosa biblioteca.

Tamén animamos, como reto dirixido a todos os cursos, a descubrir creadoras de cómic en galego. A maior parte da banda deseñada que contamos é de autores masculinos. As mulleres non escriben en formato cómic? Aí vai o reto para reflexionar.



A maiores deixámosvos este videoxogo feito polo CEIP Lamas de Abade, que nos gustou tanto. Pon a proba os teus coñecementos sobre escritoras galegas.



luns, 9 de outubro de 2023

Recomendacións de outono!

 


Dende a Biblioteca Escolar xa temos o noso expositor preparado para o outono e para as festas que trae esta estación de man: o Magosto e o Samaín!

Para traballar esta esta do ano adquirimos novos exemplares:

  • Vamos a buscar setas, da autora Mia Cassani. Un conto que gustou especialmente polas coidadas e vivas ilustraccións de Kalandraka.
  • El tesoro de otoño, da escritora Ángela Ferraro- Fanning e do ilustrador Anneliesdraws. Un libro de receitas, manualidades e consellos para gozar do outono.
  • Novembro, de Marcos Iglesias e Lucía Barrios (edición en galego). Nel relátase como Carlos vai coñecendo as tradicións que enmarcan este mes, dende o día dos defuntos ata a creación dun colar de zonchos/castañas.  Como indica a sipnosis do libro: "Novembro é un conto sobre a superación de medos que combina habilmente o agarimo ás tradicións sen deixar de abrirse a novos costumes. É un relato divertido pero profundo, no que os nenos poderán descubrir diversas mensaxes de acordo á madurez emocional".
Tamén estivemos traballando con Infantil un libro que xa é un clásico: Xan e as landras,  de Tim Boyle. Trátase dun conto encadeado que, sen dúbida, mantén ben atentos aos máis pequenos.

Deixámosvos o contaconto da Rede de Bibliotecas do Grove:


Por último deixámosvos un adianto dun dos xogos que protagonizarán a festa do Magosto!