xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 



DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


O día 30 de xaneiro celébrase o día da paz e da non violencia coa finalizar de concienciar ao alumnado sobre os valores e comportamentos que lles permitan desenvolverse adecuadamente na sociedade. Ademais todo o alumnado do centro realizou unha coreografía  e cantaron sobre a paz coa especialista de música Sara.

Seguindo a temática da P.D.I "sementando a paz" realizamos decoración das macetas con simboloxía que o alumnado entende por "paz". 

Tamén realizamos un obradoiro na biblioteca e falamos sobre condutas violentas física e  verbais e como evitalas ( relaxación etc, mediación no centro escolar) e tratar ben aos compañeiros/as.



A Carreira pola Paz celebrarémola, coma sempre, en canto a choiva nos regale unhas horiñas de pausa!




venres, 24 de xaneiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 



DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Para conmemorar o Día Internacional da Educación (24 de xaneiro)  realizamos unha actividade vencellada á P.D.I de centro. " Sementando educación".

Realizamos a entrega ao alumnado dunha folla con sementes para poder ser plantada na casa cas familias. 

Dende o centro escolar entendemos a necesidade da relación familia-escola para que esas sementes que plantamos nos nosos alumnos e alumnas  crezan con forza.




mércores, 15 de xaneiro de 2025

NOVIDADES LECTORAS

 


NOVIDADES LECTORAS!


Estamos moi ilusionados/as por compartir con vós que xa están dispoñibles as novidades lectoras deste trimestre na nosa biblioteca escolar. Incorporamos unha ampla selección de libros pensada para todos os gustos e idades: dende contos ilustrados ata novelas xuvenís, pasando por cómics, libros de divulgación e lecturas en inglés.

Estas novidades veñen acompañadas de moitas sorpresas e descubrimentos que seguro espertarán a curiosidade do noso alumnado.