sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse 

nel de forma satisfactoria. A Ciencia é un xeito especial de coñecemento 

do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e 

eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso 

progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo 

tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e 

da expansión colonial europea. Toda esta historia está reflectida nas 

bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só. 

Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material".

 

Felipe Criado-Boado 


Este mes, na biblioteca, os Bibliotrisquis propuxéronnos unha serie de retos co obxectivo de espertar a curiosidade e fomentar nas nenas e nenos as ganas de experimentar e coñecer o mundo que os rodea.

Partindo do método científico —observación, formulación de hipóteses, experimentación, análise e conclusión— comezamos a desenvolver distintas actividades co alumnado.

Entre os experimentos realizados, elaboramos un fluído non newtoniano para observar as súas propiedades, plantamos fabas en distintas condicións (con auga, sen auga, nun armario, xunto a unha ventá, etc.) para analizar como inflúen no seu crecemento, e o alumnado de 5º e 6º de primaria investigou o funcionamento dos pulmóns.



VÍDEO SOBRE DOS EXPERIMENTOS.










venres, 29 de novembro de 2024

CHARLA-OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

 




CHARLA- OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS


Hoxe día 29 de novembro realizouse na biblioteca un obradoiro- charla sobre os primeiros auxilios coa colaboración ca nosa ANPA Xaviña. Moitas grazas pola vosa iniciativa!

María, enfermeira de profesión, explicounos que son os primeiros auxilios e adaptou os obradoiros os niveis do alumnado. Explicou cal é o número de emerxencias, e diferentes estratexias de emerxencia. Ademais agasallounos con diferentes contos.

Foi un curso moi interesante e dinámico!





xoves, 28 de novembro de 2024

SESIÓN DE CONTOS TEATRALIZADA

 






SESIÓN DE CONTOS TEATRALIZADA 

Hoxe na bilioteca tivemos un espectáculo agasallo da federación galega de ANPAS e colaboración coa nosa ANPA Xavinha. Este teatro foi feito da man de "Pérez e Férnandez"

 Nesta sesión de contos teatralizada titulada "Rosa e azúl" o alumnado desfrutou dunha obra na que celebra a diversidade, mesturando historias con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, ao amor a tolerancia a diversidade. 

Foi un éxito, alumnos e profesorado quedamos abraiados!




luns, 25 de novembro de 2024

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 



DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro realizamos na biblioteca escolar unha actividade para concienciar sobre a existencia da violencia de xénero.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria elaboraron unhas esceas teatralizadas sobre a violencia de xénero, as súa explicación e consecuencias.

Todo o alumnado estivo moi atento e creouse un debate sobre esta temática. Ademáis aprenderon diferentes termos e a súa explicación como son: "Red flag" que se usa para indicar unha sinal de alerta a unha conducta ou actitud negativa. "Gaslighting" ou "ghosting" que son dous tipos de manipulación emocional.






venres, 22 de novembro de 2024

CHARLA SOBRE DIABETES

 

CHARLA SOBRE DIABETES

Hoxe na biblioteca escolar realizouse unha charla sobre a diabetes.

Durante a charla o alumnado recibiu formación teórica sobre esta enfermidade crónica, resaltando os aspectos clave da devandita enfermidade. Ao final, todos os presentes destacamos pautas para a detección dunha hiperglucemia e unha hipoglucemia, deixando claro o protocolo para seguir polos nenos/as de presentarse o caso.








mércores, 20 de novembro de 2024

DEREITOS DA INFANCIA

 

DEREITOS DA INFANCIA


Hoxe celébrase o Día internacional dos dereitos da infancia. "Os bibliotecos" realizaron a lectura do conto "Tengo derecho a ser niño" de Aurélia Fronty.

A través deste conto, os nenos e nenas descobren un texto poético cargado de emotividade e con ilustracións preciosas.




luns, 4 de novembro de 2024

NOVA ZONA DE RECOMENDACIÓNS

 



NOVA ZONA DE RECOMENDACIÓNS

Na biblioteca escolar estamos de estrea! Inauguramos unha nova zona de recomendacións lectoras, pensada para achegar ao alumnado lecturas variadas, atractivas e adaptadas aos seus intereses.

Esta nova sección nace coa intención de fomentar o hábito lector de maneira activa e participativa. Por iso, contamos coa colaboración dos nosos axudantes da biblioteca, que contribuíron na selección dalgúns dos títulos expostos. Foron eles e elas quen, coñecendo os gustos das compañeiras e compañeiros, achegaron propostas que xa están a chamar a atención de moitos lectores. Porque ler é un pracer que medra cando se comparte!