sábado, 22 de xuño de 2024

Recomendacións lectoras para un verán de ensoño!


Os bibliotrisquis da biblioteca de Buño deséxanche un verán incrible! Un verán para xogar, ir á praia, compartir momentos coa familia e cos amigos....pero tamén un verán para ler e vivir aventuras!

Esta só é unha selección. Recordade que nas bibliotecas municipais e nas librarías sempre vos poden aconsellar e dar máis ideas.

Aquí van as bibliotrisquideas (edición verán 2024)!

Recorda ir picando e arrastrando a barra lateral da dereita do documento para ir vendo as diferentes seccións. Están ordenados por idades! Tamén podes velo en grando picando na esquina superior dereita.

Acto de peche da biblioteca!

 A semana pasada celebramos o acto de peche da nosa biblioteca. 

Nel estivemos repartindo uns pequenos agasallos aos biblioaxudantes deste ano. Escollemos, para iso, pequenas libretas do Principiño e de Mafalda xunto cuns marcapáxinas magnéticos con frases especiais. Fixemos iso facendo un guiño ao mundo literario e esperando que lle gustaran.



Tamén agasallamos á premiada deste ano no concurso de cómic, que resultou ser de 1º e 2º. Na súa banda deseñada inspirouse nunha historia real que lle ocorrera no acuario. Realmente cómica!

Agasallámola cun cómic en galego que nos parece ideal. Agardamos que lle gustara.


Tamén entregamos uns diplomas personalizados os máis pequenos, por amosar que son grandes amantes dos libros. Neles recollemos os libros que foron lendo ao longo do curso.


Por último fixemos un repaso pola nosa viaxe con Marco Polo e os bibliotrisquis! Que ben o pasamos!

Deixámosvos un pequeno resumo da vida de Marco Polo, por se aínda descoñeces detalles da súa viaxe!



Os recunchiños da nosa biblioteca!

Esta semana deixáronse ver algúns dos nosos bibliotrisquis. Son uns seres silenciosos que andan de libro en libro e non sempre andan á vista. Que ilusión nos fixo!

Deixámosvos foto dalgún dos recunchiños da nosa humilde biblioteca!

Zona de Infantil (prelectores): bibliotrisqui azul.





Zona de 1º e 2º (primeiros lectores): bibliotrisqui vermello.



Zona de 3º e 4º (lectores autónomos): bibliotrisqui verde.
Zona de 5º e 6º ( lectores expertos): bibliotrisqui vermello.




Zona para consultar e investigar sobre calquera tema (bibliotrisqui lila):




Zona de xogos e teatro de títeres:






A maiores diso tamén temos a nosa zona de novidades, a zona de xornais e revistas, a zona das coleccións, zona para suxerencias e zona TIC.

Obra de teatro "Salvando o planeta"!

A nosa biblioteca transformouse nunha auténtico teatro! Os máis maiores do colexio actuaron para todos/as ao tempo que nos daban unha importante lección: coidar o planeta.

Aínda que houbo nervios e pasou algún que outro imprevisto (esguince, pilas esgotadas do micrófono) souberon saír moi ben do paso e demostrar gran dominio da improvisación. Ademais o mérito estivo en que foron eles mesmos quen crearon o guión e o decorado na materia de Proxecto Competencial xunto coa profe Eva.

Agradecemos tamén a colaboración das familias que cargaron no coche todo tipo de aparellos para contribuir ao decorado final que estaban argallando.

Deixámosvos algunhas fotos da xornada:






xoves, 6 de xuño de 2024

Obra de teatro "Salvando o planeta! Proximamente na biblioteca!

ATENCIÓN! ESTRÉASE OBRA TEATRAL, EN PRIMICIA, NA NOSA BIBLIOTECA!





Obradoiro e voo de papaventos!

O papaventos é invento chinés, que data do ano 1.200 a.C. Ao comezo empregábanas como sinalización militar, pois os seus movementos e cores indicaban mensaxes que podían ver a distancia. Tamén as empregaban para meditar e con fins lúdicos (como xogo) e relixosos.

É por iso que, enfiando coa parte final do Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro, na cal nos aventuramos con Marco Polo en Catai (China), fixemos un obradoiro de construción de papaventos.

Olla o paso a paso!

1º PASO: MEDICIÓN E MONTAXE





PASO 2: DECORACIÓN (ARTE)

Neste paso tocou decorar os papaventos e algúns quedaron realmente...fabulosos!





Finalmente reunímonos todo o cole para voar, cada clase, o seu papaventos. Algún voou máis que outro pero pasámolo realmente ben. O alumnado tivo a oportunidade de apreciar a forza e a direccionalidade do vento  a través deste xogo tan antigo, ademais de celebrar un acto de convivencia con todas as aulas.





Por último deixámosvos un videotitorial para replicar, se queredes, dende a casa:

mércores, 5 de xuño de 2024

Obradoiro sobre cremas solares para os máis maiores!

Hoxe o alumnado de 5º e 6º recibiu un obradoiro de cómo crear unha crema de sol ecolóxica, que non altera o ecosistema mariño.

Toda unha clase de Matemáticas e Ciencias Naturais (medicións, mesturas, propiedades...).

Ollade o paso a paso!









sábado, 1 de xuño de 2024

Catálogos de consulta e de EI!

Dende a Biblioteca Escolar levamos todo o ano poñendo todas as enerxías nuns catálogos impresos e dixitais que faciliten a escolla de libros da área de consultas e da área de infantil. O obxectivo é facilitar a labor didáctica do profesorado e tamén a selección de libros de consulta para o alumnado.



Por agora só podemos deixarvos un adianto...

Saberedes máis cando os teñamos rematados!