xoves, 14 de marzo de 2024

Semana da prensa 2024!


Para celebrar a "Semana da prensa", ademais de traballar o formato noticia e entrevista nas diferentes aula, tamén estivemos desfrutando da lectura do xornal o Papagaio e das revistas  Leo Leo, Reportero Doc e Caracola. Para iso, repartimos varios exemplares por aula para ler ao longo da semana, despois do recreo. 

Para anunciala creamos, coa a axuda dos biblioaxudantes, un pequeno anuncio radiofónico que emitimos dende a megafonía do centro.

Escoita premendo na imaxe:

Os máis pequenos quedaron abraiados coas revistas e quixeron facer a súa propia. Olla que concentrados estaban!




Visualiza o vídeo para ver como foi esta semana inmersos na prensa:


Os biblioaxudantes tamén foron reporteiros por un día e entrevistaron aos máis pequenos sobre os oficios e a igualdade. Fíxonos pensar moito esta montaxe! Escoitade porque merece moito a pena! Inspirámonos na seguinte proposta (pica aquí para visualizar).

martes, 12 de marzo de 2024

8M: pola igualdade entre homes e mulleres!

Para conmemorar o 8M (Día Internacional da Muller) e seguir loitando por unha igualdade real entre homes e mulleres, propuxemos os seguintes libros dende biblioteca. 

  • Para traballar a igualdade efectiva dentro do fogar recomendamos "Artur e Clementina", "O país dos mandóns", "Maruxa", "O libro dos porcos". 
  • Para falar sobre os estereotipos de xénero recomendamos "Vivan as uñas de cores", "As princesas tamén botan peidos", "Guapa", "Los hombres no lloran" e "Voy conmigo".
  • Para coñecer mulleres destacadas da historia recomendamos bibliografías comoa de Amelia Earhart, Frida Kalo, Maruja Mallo ou Marie Curie.


E se foras un neno/a no lugar dun neno/a?

A maiores fixemos unha actividade moi emotiva na que os biblioaxudantes  foron reporteiros por un día e tiveron a oportunidade de entrevistar aos máis pequenos sobre os oficios e a igualdade. 

Fíxonos pensar moito esta montaxe! Foi unha actividade que nos axudou a reflexionar moito e, incluso, impactou entre alumnado, profesorado e familais. Escoitade porque merece moito a pena! 


Inspirámonos na seguinte proposta (pica aquí para visualizar).