mércores, 31 de xaneiro de 2024

Celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz!

 



Preparándonos para o Día Escolar da Non Violencia e da Paz fomos seleccionando libros específicos para traballar na aula.


Tamén escribimos en plumas os nosos desexos para que se cumpla a ansiada paz. Logo, entre todos, elaboramos estas bonitas ás que podedes ver no seguinte vídeo:


Deixámosvos o enlace o enlace á canción que soa no vídeo anterior.

Ese día tamén unimos as nosas voces para pedir a Paz. Para iso seguimos a proposta de Batucado e creamos as nosos propios atrapasoños máxicos con plumas. Todo isto fómolo facendo en colaboración coa materia de Educación Musical.




Proposta musical de Batucado:




Por último corremos pola Paz no campo de fútbol anexo ao noso centro. Encantounos!

Olla o resumo da xornada: