sábado, 30 de setembro de 2023

Unhas cartas misteriosas...


Hoxe apareceron unhas cartas misteriosas nas aulas do colexio...

Nelas, uns pequenos seres silenciosos e amantes dos contos están pensando en vir vivir á nosa biblioteca. Fanse chamar bibliotrisquis e gústalles moito o silencio e vivir aventuras a través das páxinas dos libros. Que nos terán preparado?

O primeiro reto que nos puxeron foi debuxalos tal como cremos que son. Acertaremos cos datos que nos deron?



venres, 29 de setembro de 2023

Coñecemos a Piti o caracol en EI! Como auténticos científicos, observamos os caracois!

 





Para coñecer un pouquiño máis sobre os animais que nos arrodean, dende a Biblioteca Escolar, propoñemos a lectura de "Piti o caracol" de Sandrine Lhomme. Para iso, achegamos estes pequenos seres para que os observaran de preto con moito coidado e respeto. Coñecer a contorna e observar como auténticos científicos foi parte do proceso.

Novidades do mes de setembro!


Estas semanas están chegando moitísimas novidades á nosa biblioteca. Atrévete a botar un ollo cando veñas! Seguro que hai algún novo exemplar que pode encaixar cos teus gustos!

Na foto só aparecen algúns dos moitos que se adquiriron estes días!

xoves, 28 de setembro de 2023

Os máis pequenos crean as súas bolsas viaxeiras!


Os máis pequenos do colexio son todos uns artistas. Con pintura téxtil, plantillas e uns rotuladores especiais para telas pintaron as súas propias bolsas viaxeiras. Por un lado aparecen os bibliotrisquis e por outro o seu autorretrato xunto co seu nome.

Cada semana poderán levar un libro e unha revista da biblioteca para ler en familia. Fomentamos así a seu sentido crítico, deixando que sexan eles quen escollan os seus propios contos.






luns, 18 de setembro de 2023

Búscanse biblioaxudantes!


Como cada setembro, ábrese o prazo de inscrición para ser biblioaxudantes. 

Os máis maiores do colexio, como cada ano, teñen a oportunidade de coñecer un pouquiño máis de cerca como funciona unha biblioteca. Aprenden a manexar o programa de empréstamos e devolucións de libros, a ordenar e catalogar exemplos e, mesmo, a reorganizar os espazos e recunchos que temos preparados para os nosos lectores. 

Mais, para iso, requírese certo compromiso, responsabilidade e ganas!

O alumnado interesado pode apuntarse no taboleiro da entrada da biblioteca.

luns, 11 de setembro de 2023

Benvidos ao curso escolar 2023- 2024!

Comeza o novo curso escolar e con el, dende a biblioteca, grandes ganas de crear ilusión polos libros e polas grandes aventuras e aprendizaxes que agochan. 

 Este ano un dos principais obxectivos será transmitir o alumnado o valor dos libros e, para iso, partirase do lema "os libros son tesouros!". 

 Tamén nos agardan novidades como a despedida do noso amigo Marcelino (xubílase) e a chegada duns seres silenciosos e pequeniños: os BIBLIOTRISQUIS!